Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

26/06/2023 | 11:40 | C. do Medio Rural

Joaquín Macho Canales tomou posesión como novo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

Foi nun acto celebrado esta mañá e presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González

25/06/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estuda a recuperación do Castelo de Pena Corneira en Leiro para consolidar a conservación deste monumento natural

A Consellería do Medio Rural levará a cabo as primeiras actuacións para o estudo da escavación que recuperaría este castelo, que xa a realizaría posteriormente a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

25/06/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta informa de novas medidas a partir de xullo para previr a lingua azul tras a campaña de vacinación masiva

Esta vacinación iniciouse tras detectarse en febreiro animais bovinos positivos en catro explotacións de Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves

24/06/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén un seminario temático sobre o cultivo da mazá de mesa e sidra en Galicia

Está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e terá lugar o próximo 28 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, en Bergondo, e no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, en Abegondo

23/06/2023 | 15:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as políticas forestais galegas como un referente no sector para o resto de rexións europeas

José González destacou a importancia de facer políticas activas para seguir aproveitando os recursos endóxenos que ofrece o sector forestal

23/06/2023 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de mañá sábado, 24 de xuño

23/06/2023 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta no Consello Forestal un avance da Estratexia para o fomento da xestión activa das frondosas e do libro branco sobre a normativa dos montes veciñais

José González trasladou que tamén se trata a vindeira orde pola que se publicarán os modelos orientativos de estatutos e o modelo para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor das agrupacións forestais de xestión conxunta

23/06/2023 | 11:11 | C. do Medio Rural

Inditex é a primeira empresa en sumarse ao novo fondo público-privado impulsado pola Xunta para anticiparse aos incendios forestais

Inditex destinará 9 millóns de euros a este proxecto, que permitirá desenvolver intervencións en 26 concellos que beneficiarán directamente 118.000 persoas

22/06/2023 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a formación como elemento fundamental para dotar de futuro o rural galego

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias clausurou esta tarde o acto do 50º aniversario dos Centros de Promoción Rural-EFA, organizado pola federación que os agrupa en Galicia

22/06/2023 | 17:20 | C. do Medio Rural

A Xunta recomenda o uso dos tratamentos fitosanitarios para a prevención da Flavescencia Dourada da vide ante o aumento das temperaturas

A Consellería do Medio Rural recomenda a realización de tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados