Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

12/06/2024 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Xunta fomenta as permutas de especial interese agrario con axudas para o pago de gastos notariais

 O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario para o 2024

11/06/2024 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha un novidoso Plan de Formación, asesoramento e titorización para o agro, co fin de afianzar o seu futuro e favorecer a remuda xeracional

María José Gómez trasladou que esta iniciativa irá dirixida a varios colectivos: aos mozos que reciben axudas ou que se están formando para ampliar a súa conexión coa realidade laboral; ás persoas de nova incorporación e aos profesionais en activo

10/06/2024 | 16:29 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rodeiro mellora os camiños de Vistuíde grazas aos 83.500 euros do Plan Marco da Xunta

O Plan Marco da Consellería do Medio Rural deixou máis de 600.000 euros na comarca do Deza-Tabeirós

09/06/2024 | 10:46 | C. do Medio Rural
08/06/2024 | 21:35 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural salienta o altísimo nivel da cabana gandeira galega no marco de Feiradeza

María José Gómez puxo de relevo o “mimo e coidado” con que tratan os gandeiros galegos as súas reses, que os converte en referentes e exemplo en Europa no que atinxe ao benestar animal

08/06/2024 | 10:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural promove unha xornada de portas abertas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Mostraranse as liñas principais de investigación do centro, así como directrices da Axencia Galega de Calidade Alimentaria no referente á I+D+i

07/06/2024 | 17:19 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural ensalza o sector agrogandeiro galego na inauguración das Feiras de Primavera do páramo

Gómez puxo de relevo o liderado de Galicia como produtora de leite a nivel nacional e europeo, o entorno rural e a gandaría bovina, destacando particularmente a vocación leiteira da comarca de Sarria e do concello de O Páramo

07/06/2024 | 15:06 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta de Galicia compromete o seu apoio ao tecido industrial ligado á madeira con axudas que este ano xa acadan os 10M€

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na xornada de clausura da asemblea anual da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)

07/06/2024 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o carácter pioneiro dos equipos batracio de prevención de incendios, ideados e desenvolvidos polo persoal propio

María José Gómez quixo poñer en valor o equipo humano que está detrás de cada unha destas unidades e recoñecer a condición do servizo galego de referente mesmo internacional

06/06/2024 | 13:56 | C. do Medio Rural

O Centro Pedro Murias da Xunta en Ribadeo abre as súas portas para amosar os seus ciclos de FP dual de aproveitamento do medio natural e agroecoloxía

A xornada para o público en xeral contou coa participación de Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, á que está adscrito este centro