Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

27/07/2023 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta concede máis de 2 M€ en axudas a máis dunha vintena de concellos con figuras de recuperación da terra agraria para a mellora de servizos básicos

Os beneficiarios serán municipios nos que se localizan aldeas modelo ou outros instrumentos de recuperación da terra agraria

27/07/2023 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras dun punto de auga na Arnoia

Este novo punto de auga terá unha capacidade de máis de 430.000 litros para carga de helicópteros e motobombas

26/07/2023 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 5,58 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), que xestiona a Axencia Galega da Calidade Alimentaria

A finalidade é impulsar a creación de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando o coñecemento, a innovación e a dixitalización mediante a mellora do acceso á investigación
 

26/07/2023 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Xunta incrementa ata os 7,8 M€ as axudas para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo cunha suba do 11% sobre a convocatoria anterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde que regula estas achegas, destinadas a cooperativas ou sociedades agrarias de transformación

25/07/2023 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta colaborará na rehabilitación do centro social de Vilalvite, en Friol, cunha achega de case 132.000 €

A Consellería do Medio Rural asinou un convenio para a concesión dunha achega coa finalidade de levar a cabo un proxecto senlleiro de urbanización exterior e rehabilitación interior deste centro social

24/07/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3 M€ en axudas a preto dun centenar de beneficiarios para a creación de superficies forestais en algo máis de 1.600 hectáreas de monte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas para a creación de superficies forestais

21/07/2023 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora dun camiño en Sarreaus

As actuacións enmárcanse na 2ª Fase do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado con 550.690,23 euros a través dun convenio entre e Consellería do Medio Rural e 9 concellos da comarca da Limia para o arranxo dos mesmos que faciliten a comunicación aos agricultores e gandeiros locais desta bisbarra ourensá

21/07/2023 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co rural a través da mellora das súas infraestructuras que facilitan a vida dos habitantes do agro

O conselleiro do Medio Rural visitou as obras de rehabilitación da ponte do Río Cabalar, que favorecen o tránsito entre dúas aldeas do concello coruñés de Vilasantar

21/07/2023 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta fai entrega de 33 novos vehículos a axentes ambientais para traballar na loita contra os incendios e anuncia a figura dos voceiros de lumes

José González destacou que estes vehículos son unha mostra máis do compromiso do Goberno a prol da dotación de medios e persoal co fin de mellorar o servizo

20/07/2023 | 19:05 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia solucións ecoinnovadoras baseadas na madeira e que fomenten o desenvolvemento da industria forestal-madeira en Galicia

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou en Arzúa na presentación do proxecto Testawood, que se realiza a partir de madeira de orixe galego