Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

13/09/2023 | 18:07 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a gastronomía galega no Círculo de Empresarios de Vigo

Os directores interviñeron no relatorio Conversación estratégica 01: Una cadena de valor que comienza en el campo o en el mar

13/09/2023 | 15:47 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola colaboración institucional como unha potente ferramenta na loita fronte os lumes forestais

José González lembrou a necesidade desta cooperación que mesmo foi trasladada polos expertos designados polo propia Cámara para mellorar neste eido

12/09/2023 | 17:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o labor da IXP Mel de Galicia como elemento garante de que o produto é de calidade certificada

Así o afirmou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na súa visita a unha das alvarizas da empresa De Liñares, en Lalín

11/09/2023 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as permutas de especial interese agrario en Friol nunha mesa institucional

A directora xeral definiunas como unha ferramenta eficaz para a mobilización de terras neste municipio no que xa se impulsaron arredor de 400 hectáreas

11/09/2023 | 15:14 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o continuo aumento das prazas ofertadas nos Centros de Formación e Experimentación Agraria

O director sinalou que no presente curso 2023-2024 ofertáronse un total de 328 prazas no que atinxe á formación regrada, o que representa unha suba de preto do 9% en relación co curso anterior e de ata un 17,4% respecto ao curso 2021-2022

11/09/2023 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Santo Estevo de Pol tras reorganizar unha superficie de case 355 hectáreas

Inés Santé destacou que, grazas a este traballo -dotado dun investimento que superou o medio millón de euros-, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 6.671 a 22.230 metros cadrados e de 511 predios a 151 parcelas finais

10/09/2023 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta constata a boa marcha dos traballos da futura base de medios áereos transfronteiriza en terreos dos municipios ourensáns de Verín e Oímbra

As máquinas actúan xa na nivelación do terreo para a explanación da pista, tal e como recolle o proxecto, que foi publicado en marzo pasado no Diario Oficial de Galicia

09/09/2023 | 13:26 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda a implantación dun novo polígono agroforestal no concello lucense do Saviñao

José González reuniuse esta mañá con veciños deste municipio para abordar esta cuestión e resolver as súas dúbidas

09/09/2023 | 13:22 | C. do Medio Rural
08/09/2023 | 18:29 | C. do Medio Rural

Os beneficiados pola reestruturación parcelaria do Val de Camba, en Rodeiro, xa poden acceder ás súas novas fincas

Esta reorganización das parcelas permitiu converter máis de 7.500 parcelas en 1.869 fincas que se dividirán entre preto de 700 propietarios