Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

20/09/2023 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta e o clúster alimentario colaborarán nun programa de desenvolvemento do sector lácteo para mellorar a súa competitividade e posicionamento

Por parte da Consellería do Medio Rural valórase a proposta do clúster, que se considera perfectamente aliñada cos obxectivos da Estratexia de dinamización do sector lácteo

19/09/2023 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta explica aos veciños interesados os detalles do posible polígono agroforestal de Salvaterra de Miño

José González explicou que esta iniciativa permitirá mobilizar preto de 20 hectáreas, divididas en 213 parcelas de 135 titulares

16/09/2023 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a futura Lei da calidade alimentaria reforzará a protección dos produtos do agro e potenciará a súa excelencia

José González salientou o labor da Xunta en materia de mobilización de terras e que precisamente en Coristanco se traballa na posta en marcha dun polígono agroforestal
 

15/09/2023 | 15:12 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o valor que xera o sector vitivinícola en Galicia e a gran aceptación coa que conta no exterior

Salienta ás boas previsións da vendima deste ano, que apuntan a un incremento de entre un 6 e un 7% con respecto ao colleitado na pasada campaña e indica que a DO Valdeorras é a máis adiantada co 85% recollido

14/09/2023 | 14:40 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Oroso colaborarán na mellora de infraestruturas rurais e no impulso ao viveiro da Falmega como referente de material forestal de reprodución

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse en San Caetano co alcalde desta localidade coruñesa, Alexander Doval, para coñecer as súas necesidades e demandas

14/09/2023 | 10:24 | C. do Medio Rural

A Xunta reuniuse con representantes de Aspapel para tratar a implantación do novo regulamento europeo sobre productos libres de deforestación

A Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (Aspapel) é unha organización profesional de ámbito estatal, que agrupa ás empresas do sector da celulosa e o papel que supoñen máis do 90% da produción do sector