Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

25/09/2023 | 10:24 | C. do Medio Rural

A Xunta beneficia 851 titulares de explotacións agrarias para a súa nova participación en réximes de calidade cun total de 220.000 €

A través desta liña de subvencións, os beneficiarios poden financiar os custos fixos ocasionados pola inscrición e a cota anual de participación no réxime de calidade

24/09/2023 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse no Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias

Ofértanse prazas nos graos medios Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e Produción Agroecolóxica

23/09/2023 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta establece para o 14 de decembro a toma de posesión dos predios de substitución da parcelaria de Tremoedo, en Vilanova de Arousa

Así o determina unha recente resolución da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

22/09/2023 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o pulo da agricultura ecolóxica en Galicia na véspera do seu día europeo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou en Monforte de Lemos no acto de celebración desta efeméride, que ten lugar cada 23 de setembro

22/09/2023 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa o polígono de Barzamedelle eliminando 33 hectáreas de acacias para controlar esta especie invasora e facilitar a investigación da titularidade dos predios

José González remarcou o esforzo do Goberno galego na erradicación desta planta, que ocupa preto de 60 das 145,6 hectáreas de superficie do polígono situado na localidade ourensá de Leiro

21/09/2023 | 20:38 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta Museos Vivos de Galicia, un proxecto impulsado por varios grupos de desenvolvemento rural que busca facilitar ao público o acceso ao patrimonio local

Mediante unha plataforma intelixente de apertura e videoseguimento, mellórase e amplíase a accesibilidade dos visitantes a diferentes lugares de interese turístico e cultural

21/09/2023 | 16:20 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza unha actividade formativa sobre produción e comercialización de materiais forestais de reprodución dirixida aos axentes do sector

Terá lugar o vindeiro día 28 deste mes na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, e o prazo para inscribirse remata o luns 25

20/09/2023 | 19:30 | C. do Medio Rural

A Xunta declara os dous primeiros focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas situadas nos concellos da Capela e Abegondo

As principais medidas de prevención para esta enfermidade, que continúa a súa expansión por todo o territorio da península, consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

20/09/2023 | 16:18 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os estudos preliminares para establecer un programa de avaliación da raza autóctona Porco Celta nunha xornada divulgativa

Estes traballos enmárcanse nunha acción de cooperación entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Asoporcel e o Centro Tecnolóxico da Carne