Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

19/06/2024 | 18:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia

Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento

19/06/2024 | 16:20 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o programa de desenvolvemento rural de Galicia acada xa unha execución financeira de máis do 83 % do seu importe total

María José Gómez avanzou que precisamente mañá terá lugar en Curtis a reunión do comité de seguimento do PDR de Galicia, que -salientou- está supoñendo, en conxunto, a mobilización duns 1.600 millóns de euros de gasto público total na nosa comunidade

19/06/2024 | 14:45 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta informa da obriga de aplicar tratamentos insecticidas para a loita contra o vector da flavescencia dourada da vide nas comarcas de Celanova e O Ribeiro

A Consellería do Medio Rural emitiu un aviso fitosanitario sobre a obriga de realizar tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados

19/06/2024 | 11:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 4 M€ en axudas para a adquisición de maquinaria agrícola en común

Con estas subvencións, cuxa convocatoria se publica hoxe en DOG, a Xunta de Galicia potencia o asociacionismo e a mellora da eficiencia tecnolóxica e económica das explotacións agrarias

18/06/2024 | 18:41 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural promove o emprego das tic na gandaría ecolóxica a través da aplicación Tractus

Balseiros mencionou a importancia da tecnoloxía para facilitar o traballo dos gandeiros e, ao mesmo tempo, mellorar a eficiencia das explotacións

18/06/2024 | 11:30 | C. do Medio Rural

O DOG publica a resolución das axudas, por un importe próximo aos 12 M€, a produtores da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega

O número de animais subvencionados foi de 82.787 e o 62% deles corresponden a Ternera Gallega Suprema, con 200€ por cada un; o resto foi destinado a Ternera Gallega, cun importe unitario por exemplar de 36€

17/06/2024 | 18:17 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

María José Gómez explicou que esta instalación estará orientada cara a investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino

17/06/2024 | 16:39 | C. do Medio Rural

A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina da comarca veterinaria de Verín

As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

17/06/2024 | 13:21 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo participa no reparto de froitas do Fondo Galego de Garantía Agraria no Banco de Alimentos Rías Altas para repartir entre entidades benéficas da Coruña e Santiago

A delegada explicou que nesta quenda distribuiranse 12.000 quilos de paraguaia, platerina e melocotón procedentes da rexión de Murcia e  3.600 quilos de nectarina procedentes do Goberno de Navarra