Actualidade
Buscador de novas
A Xunta detecta novos casos de aves silvestres afectadas por gripe aviaria en Ribeira e Porto do Son
A detección realizouse no marco do Plan de vixilancia que desenvolve a Xunta e non vai afectar á valoración favorable do risco respecto á influenza aviaria que recentemente realizou o Goberno central
A Xunta destina máis de 200.000 € en axudas a particulares de Ferrolterra para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprobou esta mañá o resultado das obras acometidas por unha veciña de Canido, beneficiaria de dúas achegas desta orde da Consellería do Medio Rural
A Xunta imparte charlas en concellos galegos sobre o incremento da poboación de vermes
Mañá celebraranse nas localidades de Carballo e Vimianzo, mentres que na vindeira semana estas xornadas informativas trasladaranse a municipios da Mariña
A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense
As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade
Galicia ten mecanismos solventes e rigorosos como Contaláctea para acreditar os custos de produción no sector lácteo
Segundo José González, isto significa que se dispón de datos representativos que poden usarse nas negociacións sobre prezos entre gandeiros e compradores de leite
A Xunta apoia ao sector vitivinícola con axudas para a adquisición de uva nas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, reuniuse hoxe con bodegueiros das DO Ribeiro e Monterrei para presentarlles as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica
A Xunta asina o Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira para impulsar un sector clave na comunidade
Nace da colaboración co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo e a Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia
A Xunta potencia a xestión activa do sector da castaña para reforzar o seu apoio a este eido produtivo
A Mesa da Castaña, órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, mantivo hoxe unha reunión na que se analizaron os estados de diferentes proxectos sobre o castiñeiro
A Xunta insiste en demandar estabilidade nos prezos do leite para garantir a sustentabilidade do sector e a remuda xeracional nesta actividade clave do rural
O encontro, que forma parte da rolda de contactos que manteñen os responsables do Goberno galego cos diferentes axentes sectoriais, serviu para reiterar o apoio aos gandeiros, que requiren, segundo o conselleiro, un “esforzo adicional na súa defensa”