Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

07/11/2023 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural contará en 2024 cun 11,4% máis de orzamento para continuar avanzando na mobilización, planificación e dinamización do rural

Xa o ano pasado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aumentara un 21% o seu importe para os orzamentos do 2023 con respecto ao ano anterior

06/11/2023 | 18:55 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta dous novos casos de aves silvestres afectadas por gripe aviaria na Coruña e Ribadeo

A detección realizouse no marco do Plan de vixilancia que desenvolve a Xunta e non vai afectar á valoración favorable do risco respecto á influenza aviaria que recentemente realizou o Goberno central

06/11/2023 | 17:54 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Industria Forestal contará en 2024 cun 14,5% máis de orzamento para seguir mellorando a competitividade do sector

Jacobo Aboal referiuse aos 11 millóns de euros que se destinarán ao para o financiamento de tecnoloxías forestais para dar resposta a unha demanda do sector

06/11/2023 | 16:15 | C. do Medio Rural; C. do Mar; C. de Economía e Industria

A Xunta promociona no Gastronomic Forum Barcelona a singularidade e diferenciación dos produtos alimentarios galegos baixo a marca Galicia Calidade

26 empresas e produtores representantes da industria alimentaria galega e amparados polos selos de calidade de DO ou IXP, participan través do stand de Galicia Calidade, froito do esforzo conxunto do goberno autonómico

06/11/2023 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural
06/11/2023 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta publica os modelos de estatutos aos propietarios forestais para facilitar a constitución de agrupacións de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estes documentos, orientativos e voluntarios, establecidos ao abeiro da normativa vixente, máis concretamente nas leis de montes de Galicia e de recuperación da terra agraria

05/11/2023 | 16:12 | C. de Sanidade; C. do Medio Rural

Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do salón Xantar de Ourense

O conselleiro de Sanidade avanzou que se superaron as 150.000 consultas dos 94 novos nutricionistas de atención primaria

05/11/2023 | 12:59 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a súa aposta pola campaña Come Local para promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade nos comedores escolares

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, e en colaboración coas consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a de Sanidade, impulsa esta iniciativa en comedores escolares de Galicia