Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

03/12/2023 | 13:24 | C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Alumnos do Centro Pedro Murias da Xunta reciben formación práctica sobre o medio natural e a recuperación de fauna

Os estudantes do ciclo dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural visitaron o Centro de Recuperación da fauna do Veral, en Lugo

02/12/2023 | 17:03 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda o desenvolvemento das figuras da Lei de recuperación da terra agraria en San Cristovo de Cea

José González destacou a importancia da Lei de recuperación da terra á hora de avanzar na dinamización socioeconómica e a posta en valor do territorio agrario e forestal que se atopa en situación de abandono e infrautilización

02/12/2023 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 7,7 M€ ás axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas nos anos 2023 e 2024

O Goberno galego decidiu aprobar o incremento na dotación destas achegas, que inicialmente contaban cun orzamento de 4,4 millóns de euros

01/12/2023 | 13:56 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda enxalza o papel dos gandeiros á hora de consolidar Galicia como unha potencia leiteira que aposta pola excelencia e a produción sustentable

Salienta que Galicia é a comunidade na que máis medrou a produción de leite e que xa concentra arredor do 42 % do total rexistrado en España
 

01/12/2023 | 11:12 | C. do Medio Rural

Un estudo premiado pola USC enxalza as aldeas modelo como exemplo de iniciativa de desenvolvemento rural

O traballo foi o gañador na sexta edición dos premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial, convocados polo Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da institución académica

30/11/2023 | 17:48 | C. do Medio Rural

A Xunta defende a vía da calidade para diferenciar a produción alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria abriu a sesión de tarde do I Congreso Internacional de Consumo que organiza a Unión de Consumidores de Galicia

30/11/2023 | 15:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o goberno vasco comparten coñecementos e experiencias sobre inventarios forestais rexionais

O goberno galego, a través da Consellería do Medio Rural, está a colaborar coa Fundación Hazi, unha entidade instrumental da administración vasca, para analizar os pasos dados en materia forestal

29/11/2023 | 20:30 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o papel das pequenas e medianas empresas á hora de favorecer o desenvolvemento rural

José González resaltou a capacidade das pemes para adaptarse nos últimos anos ao futuro máis recente e seguir crecendo e consolidándose

29/11/2023 | 16:41 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha no 2024 os primeiros polígonos agroforestais, agrupacións de xestión conxunta e espazos agrarios de experimentación dentro da Lei de recuperación

Estas figuras teñen un carácter dinamizador do territorio e innovador e para a súa posta en funcionamento estanse captando fondos europeos orientados cara a dixitalización, a valoración dos produtos agroalimentarios ou a mellora enerxética