Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

14/12/2023 | 16:12 | C. do Medio Rural

Toda Galicia iniciará a partir de mañá o período libre do vector transmisor da lingua azul

A principal consecuencia é que dende mañá, 15 de decembro, non haberá restricións ao movemento de animais das especies sensibles por esta enfermidade do gando, ata que volva comezar a época do vector

14/12/2023 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta investirá 96.800 euros na mellora de accesos aos núcleos do Alto, As Fontes e As Maciñeiras, na Pastoriza

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, anuncian que a Consellería do Medio Rural financiará as obras con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) deste ano

14/12/2023 | 13:48 | C. do Medio Rural

O mercado artesanía alimentaria no nadal de Lugo contará ao longo de toda a fin de semana con actividades para cativos e adultos

Terá lugar na Praza Horta do Seminario dende mañá ata o domingo, cunha programación na que se sucederán demostracións de cociña, catas e talleres para todos os públicos

14/12/2023 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 1,4 M€ a apoiar unha vintena de entidades nas súas actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos no mercado interior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se resolven as solicitudes de subvención correspondentes ao cuarto trimestre de 2023

13/12/2023 | 16:19 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un mercado de nadal para promover o selo Artesanía Alimentaria en Lugo

Terá lugar esta fin de semana, de venres a domingo, na Praza Horta do Seminario e contará coa presenza de 26 empresas produtoras

13/12/2023 | 15:29 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta que a riqueza do bosque galego está cifrada en máis de 43.000 millóns de euros, dos cales 17.700 corresponden a frondosas caducifolias

No evento tamén se presentou o mapa de alta resolución do monte, un novo avance no Inventario Forestal Continuo e “un novo paso na procura dunha radiografía fiel e dinámica do noso territorio”, sinalou o conselleiro

13/12/2023 | 14:06 | C. do Medio Rural

As aldeas modelo da Xunta fixeron posible que Galicia lidere un proxecto europeo para a creación de comunidades enerxéticas baseadas na biomasa

A iniciativa supón a captación de preto de dous millóns de euros de fondos europeos e centrarase -na parte galega- nas aldeas modelo de Parada-Mouteira (Cerdedo-Cotobade) e Infesta (Monterrei)

13/12/2023 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta executou xa máis do 77 % do programa de desenvolvemento rural de Galicia e situáse cinco puntos por riba da media nacional

José González subliñou tamén que a nosa comunidade ocupa a primeira posición, canto ao grao de aplicación deste programa, dentro das cinco autonomías que máis fondos xestionan en España

13/12/2023 | 12:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a partir de mañá outros 96 M€ das axudas da Política Agraria Común aos agricultores e gandeiros galegos

Este pagamento súmase aos xa realizados en outubro e novembro pasados, correspondentes ao anticipo destas achegas, por importe de preto de 44 millóns