Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita a contratación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas modelo
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada informativa sobre o proxecto, que xa está publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia
A Xunta promove as agrupacións forestais de xestión conxunta como fórmula ideal para poñer en valor o monte e optimizar o aproveitamento dos seus recursos
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou nunha charla con veciños e membros das comunidades de montes veciñais do concello de Vigo para falar destas figuras incluídas na Lei de recuperación da terra agraria
A Xunta facilita a presentación de novas solicitudes para as axudas dos plans de mellora
A Consellería do Medio Rural modifica as bases reguladoras da convocatoria destas achegas para facilitar a presentación de solicitudes, axilizar os trámites administrativos e favorecer a xestión aos potenciais beneficiarios
O DOG publica o decreto para regular o réxime xurídico e o rexistro dos montes de varas
Este decreto vén satisfacer unha demanda histórica das comunidades que teñen por obxecto os montes de varas en Galicia, outorgándolles seguridade xurídica en materia de organización e funcionamento e regulando o seu rexistro administrativo
A Xunta sinala as industrias de transformación agroalimentaria como unha das principais potencias económicas do rural galego
O Goberno autonómico amosa un claro compromiso con este ámbito, que se traduce nas diferentes liñas de achegas convocadas nos últimos anos con este obxectivo
A Lei da calidade alimentaria entra en vigor hoxe para reforzar a aposta da Xunta pola excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias
O texto legal asegura a calidade dos produtos alimentarios, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como dos consumidores
A Xunta e a Deputación de Ourense asinan un novo protocolo de colaboración para avanzar na prevención de incendios forestais na provincia
O convenio suporá un investimento de 3,8 M€, o que representa case triplicar o importe do acordo anterior, para realizar actuacións conxuntas de mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agrofororestal
A Xunta impulsa da man dos axentes sociais a planificación integral das áreas afectadas polos incendios de 2022 para fomentar a súa recuperación
Os labores teñen que ver coa plantación e reforestación con coníferas e frondosas autóctonas, a apertura e mellora de pistas e camiños, a construción e mellora de puntos de auga ou a mellora e implantación de faixas secundarias