Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a calidade da gastronomía galega a través dos participantes do concurso Santiago (É)Tapas
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañou hoxe ao xurado profesional do evento para degustar algunhas das propostas elaboradas por hostaleiros santiagueses
A Xunta pon en valor no simposio internacional de frondosas o intercambio de coñecemento para seguir potenciando a innovación no sector forestal
O congreso foi inaugurado esta mañá polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e celebrarase ata o venres na sede da UNED en Lugo
A Xunta avanza na posta en marcha da concentración parcelaria de San Xoán de Deoane da Pregación, no concello de Friol, que reorganizará 383 hectáreas
O investimento deste proceso supera os 88.000 euros, co cal se elaborou o estudo de impacto ambiental, planos, preparación de bases e o Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (Popeva), así como a redacción do proxecto de camiños
A Xunta pide a Bruxelas “máis ambición” nas medidas de apoio aos agricultores e gandeiros: “as súas demandas son moi concretas, e agora precisan de políticas reais”
Sobre a reunión de onte dos ministros comunitarios de Agricultura, José González definiu os avances coñecidos polos medios –“aínda non temos unha comunicación oficial por parte do Goberno”- como “insuficientes”, sen acordos lexislativos nin un cronograma de actuacións
A Xunta publica a resolución pola que se actualizan as zonas demarcadas en Galicia pola praga de corentena couza guatemalteca da pataca
Levántase a prohibición do cultivo da pataca nas parroquias de Chamín (Santaia) e Corrizo (San Pedro), no concello de Arteixo; na parroquia de Caión (Santa María do Socorro) na Laracha; e na totalidade do municipio lucense de Burela
A Xunta alleou 32 lotes de madeira por 2,37 M€, nunha poxa pública electrónica de madeira celebrada na Xefatura territorial de Lugo
Os importes acadados nesta poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores edicións, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente
O DOG convoca as probas físicas e de agudeza visual para os integrantes de determinadas categorías e escalas do servizo de prevención de incendios da Xunta
Na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia explícanse todos os detalles sobre datas, horarios e requisitos que deben cumprir os aspirantes