Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a potencialidade dos produtos ecolóxicos galegos na Feira Biocultura
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiron á inauguración deste evento que se celebra ata o vindeiro domingo en EXPOCoruña
A Xunta anima a intensificar a colaboración público-privada no sector forestal galego a prol da valorización das frondosas
José González definiu esta liña de traballo como un “reto de futuro”, tendo en conta “a importancia que estas masas arbóreas teñen no territorio, na prevención de incendios, na sustentabilidade e na biodiversidade dos nosos montes”
Rueda garante o apoio da Xunta no impulso da industrialización do sector lácteo para acadar o 75 % de leite transformado en Galicia en 2025
Salienta que é un “obxectivo ambicioso, pero realista”, xa que na actualidade se industrializa arredor do 63 % do que se produce na Comunidade
A Xunta dá publicidade ás resolucións das axudas da PAC correspondentes a zonas con limitacións naturais, que na campaña de 2023 achéganse aos 18 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente disposición do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
O DOG publica a resolucións das axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, con 3,7 millóns de euros
Estas achegas teñen como obxectivo mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización
O DOG publica hoxe a resolución das axudas da PAC de agroambiente e clima que xestiona a Xunta e que na campaña de 2023 superan os 26 M€
O número de beneficiarios destas achegas, que están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), supera os 6.300 en Galicia
A Xunta destina 800.000 euros en axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se recollen as bases reguladoras da convocatoria de 2024, que subvencionará proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado e promovan este eixe estratéxico da economía galega
A Xunta amplía un mes máis, ata o 22 de abril, o prazo de presentación de solicitudes das axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de activos ao agro
Deste xeito, os interesados disporán de máis tempo para tramitar estas subvencións, que teñen unha gran importancia no agro galego
A Xunta colabora na quinta edición de Biocultura para destacar a aposta pola produción ecolóxica
O evento celebrarase dende mañá ata o domingo en EXPOCoruña, e conta coa participación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente de Medio Rural
O Simposio Internacional de Frondosas aborda na súa segunda xornada a resiliencia e o cambio climático dentro do sector forestal
O foro, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, arrancou esta mañá da man da investigadora finlandesa Pekka Ritvanen, cun relatorio sobre a densificación e o termotratamento para a construción con bidueiro