Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

14/03/2024 | 16:38 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a súa aposta por un monte diverso, multifuncional e produtivo mediante a xestión forestal activa nunha xornada sectorial en Donostia

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe en Donostia nunha mesa redonda dentro da xornada “Resiliencia climática incendios forestais, bioeconomía circular… Que modelo forestal queremos en Europa?”

14/03/2024 | 13:23 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 8,7 M€ para fomentar a agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución para estas achegas, con 92 beneficiarios, das que 6,5 millóns de euros correspóndese cos liña para a agricultura de precisión e os outros 2,2 millóns de euros coa da xestión de estercos

14/03/2024 | 12:52 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a ampliación de prazo de presentación de solicitudes das axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de activos ao agro

Os interesados disporán ata o día 22 de abril, un mes máis do previsto, para tramitar estas subvencións, que teñen unha gran importancia no agro galego

13/03/2024 | 18:42 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza os produtos galegos de calidade diferenciada na entrega e premios da XV de ‘Santiago(é)tapas’

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, fixo hoxe entrega dun lote de produtos Experiencias de Calidade aos gañadores das categorías patrocinadas pola Axencia

13/03/2024 | 14:52 | C. do Medio Rural

Galicia traballa a prol dunha “alianza cantábrica” para esixir ao goberno unha flexibilización da PAC “real e adaptada aos nosos territorios”

O que se pretende con esta xuntanza -e coa que se mantivo o luns con representantes do sector- é continuar incorporando consensos para reforzar a posición conxunta diante da negociación para modificar o PEPAC

13/03/2024 | 13:26 | C. do Medio Rural

Segue aberto o prazo para solicitar as axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia, dotadas con 800.000 €

Esta liña subvencionará proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado e promovan este eixe estratéxico da economía galega

12/03/2024 | 16:57 | C. do Medio Rural

A Xunta desenvolve estes días dúas novas xornadas formativas empresariais dirixidas a gandeiros en Lalín e Santa Comba

As charlas divídense en tres bloques formativos, centrados na xestión das explotacións a través da optimización fiscal e a formación económica

12/03/2024 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nas obras de construción da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, cun orzamento de algo máis dun millón de euros

As instalacións, situadas na provincia de Ourense, consisten nunha nova edificación destinada a aloxar á brigada helitransportada e á tripulación en dous espazos diferenciados, cunha superficie de 281 metros cadrados