Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

18/03/2024 | 15:01 | C. do Medio Rural

Gandeiros galegos intercambian coñecemento e novas tecnoloxías aplicadas a explotacións de vacún de leite nunha viaxe a Dinamarca promovida pola Xunta

Trátase dunha actividade formativa complementaria aos cursos “Gandeiros 20-30”, tamén organizados polo goberno autonómico, na que participaron unha decena de persoas que participaron previamente nestas xornadas

17/03/2024 | 16:34 | C. do Medio Rural
16/03/2024 | 11:26 | C. do Medio Rural; C. do Mar
16/03/2024 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a fase de reestruturación da parcelaria de Val-Bermés-Sello, en Lalín, para ampliar en máis do triplo a superficie media dos predios

Este proceso, nunha superficie de 1.893 hectáreas, permitirá pasar de 5.334 parcelas, de 788 propietarios, a 1.502 fincas, ao mesmo tempo que se incrementa en máis do triplo o tamaño medio de cada unha delas ata os 12.419 m²

15/03/2024 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte as necesidades do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica e remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte

Conscientes dos problemas sufridos polo Craega na súa actual ubicación, a Xunta ofreceu en varias ocasións ao consello regulador as instalacións do CFEA de Monforte para que puideran manter a súa sede neste concello lucense

15/03/2024 | 13:13 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para presentar propostas de aproveitamento nas parcelas das aldeas modelo ourensás de Taboadela, Avión e Vilariño de Conso

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas, na que tamén se inclúe a aldea modelo de Ferreiros, en Ames

15/03/2024 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para presentar propostas de aproveitamento nas parcelas da aldea modelo de Ferreiros, no concello coruñés de Ames

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de dita proposta de aproveitamento, na que se inclúen outras tres aldeas modelo de Ourense

14/03/2024 | 19:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade dentro da campaña Come Local no centro de educación especial de Panxón, en Nigrán

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou nunha actividade dentro desta campaña, que persegue promocionar o produto de proximidade con selo diferenciado como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia Da Granxa á mesa