Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

09/07/2024 | 16:39 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural pide o compromiso das cadeas de distribución co prezo do leite e coa promoción dos produtos agroalimentarios galegos

María José Gómez mantivo hoxe un encontro con representantes das principais empresas de distribución que operan en Galicia para continuar colaborando en favor do sector primario

09/07/2024 | 16:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta os beneficios para os concellos do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con máis de 19 M€ para 2024 e 2025

María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

09/07/2024 | 12:24 | C. do Medio Rural
09/07/2024 | 11:19 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que Galicia lidera un proxecto para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo español

Salienta que o obxectivo é que o sector primario colla “o tren do futuro” sen perder “a súa esencia e tradición”

08/07/2024 | 23:02 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 20,38 horas de hoxe e afectou unha superficie de 0,25 hectáreas de monte arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

08/07/2024 | 14:55 | C. do Medio Rural

Medio Rural participa nun proxecto europeo para abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación de Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de España, Francia e Portugal

08/07/2024 | 13:59 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima ás cooperativas a solicitar as axudas para a adquisición de maquinaria en común que ascenden a máis de 4 millóns de euros

A representante do Goberno autonómico destacou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético

07/07/2024 | 16:07 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Xosé Merelles sitúa a Festa do Pan de Cea como un referente do turismo gastronómico do verán

O director de Turismo de Galicia participou na apertura das festividades que tamén contaron coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

05/07/2024 | 17:21 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento