Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

21/03/2024 | 14:13 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a potencialidade dos produtos agroalimentarios galegos amparados por selos de calidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións que a empresa Traloagro ten no polígono de Friol, onde elaboran produtos cárnicos bovinos e avícolas

21/03/2024 | 11:40 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de mañá venres, 22 de marzo

20/03/2024 | 18:25 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para seguir potenciando o sector forestal a través do uso da madeira como material na construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nunha mesa redonda enmarcada na programación da feira REBUILD en Madrid

20/03/2024 | 18:21 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en rexeitar o rexistro obrigatorio dos galiñeiros de autoconsumo e ve esta medida como outro exemplo de burocracia innecesaria imposta ao rural

Na actualidade xa son máis de 52.000 os galiñeiros de autoconsumo rexistrados en Galicia e, dado este inxente volume, o conselleiro advertiu que con esta medida estanse “matando moscas a canonazos”

20/03/2024 | 15:38 | C. do Medio Rural

A Xunta afonda na importancia da xestión forestal do piñeiro do país no marco do Encontro científico-técnico transfronteirizo de Montes Pinus Pinaster

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, clausurou hoxe este encontro no Hotel Balneario de Mondariz, no que participaron diferentes axentes implicados co sector forestal

20/03/2024 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta nun seminario do Pacto Rural Europeo os resultados do proxecto ‘Down to Earth’, exemplo de boa práctica na loita contra o cambio climático

O subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Jorge Blanco, participou por vía telemática na xornada sobre Xestión do cambio climático nas comunidades rurais

19/03/2024 | 14:39 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta as Aldeas Modelo como iniciativa única en España de núcleos rurais intelixentes apoiados pola UE no marco da conferencia “Smart Rural 27” en Bruxelas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, interveu hoxe nunha das sesións de debate para abordar o apoio ás aldeas intelixentes a través das diferentes políticas comunitarias europeas

19/03/2024 | 14:15 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz participa na presentación en Vigo do Galicia Forum Gastronómico que conta co apoio da Xunta

A delegada territorial asistiu xunto a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, na posta de largo do evento que se celebrará entre os días 7 e 9 de abril

19/03/2024 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia de implementar estratexias silvícolas para mellorar o manexo dos montes de piñeiro e avanzar na súa reestruturación

José González resaltou que foros como o que se celebra entre hoxe e mañá en Mondariz favorecen o asentamento dunha folla de ruta para estruturar o Plan estratéxico das coníferas en Galicia

18/03/2024 | 16:31 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta colabora con preto de medio cento de empresas do sector para enxalzar a calidade da produción galega na feira internacional Alimentaria de Barcelona

O Goberno autonómico tamén organiza diferentes actividades para os asistentes, como catas comentadas, talleres e demostracións de cociña co fin de promocionar os produtos galegos de calidade diferenciada