Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

25/03/2024 | 15:01 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte charlas sobre protección de vivendas fronte a incendios forestais en parroquias de alta actividade incendiaria do concello ourensán de Muíños

As xornadas divulgativas leváronse a cabo nas parroquias de Requiás e Prado para abordar a protección de vivenda fronte a incendios forestais a través de medidas preventivas en torno á edificación e na xestión dos terreos lindeiros

25/03/2024 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que o prazo das axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas está aberto ata o 8 de abril

O Goberno galego publicou recentemente no DOG a ampliación da dotación orzamentaria destas achegas ata os case 2 M€, así como do prazo de presentación de solicitudes

24/03/2024 | 13:33 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por sumar esforzos coas comunidades cantábricas e as organizacións agrarias e cooperativas galegas a prol da adaptación da PAC á realidade da España húmida

José González destacou o importante traballo desenvolvido polo Goberno autonómico galego na procura de consensos para demandar con máis forza medidas fundamentais para o futuro do sector primario, arredor de políticas estatais e comunitarias

22/03/2024 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso coa ordenación, o fomento e a promoción do sector vitivinícola galego e da súa calidade diferenciada na Festa do Viño de Amandi

José González valorou a ampla traxectoria desta celebración, que definiu como referente dentro e fóra da nosa comunidade e como exemplo de dinamización do territorio rural, coa participación este ano dun total de 22 adegas 

22/03/2024 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que Galicia conta xa con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45 % máis do obxectivo fixado para 2025

José González insistiu na importancia de seguir avanzando na ordenación e reestruturación dos montes galegos, para favorecer o aproveitamento socioeconómico deste recurso e loitar contra os incendios forestais

22/03/2024 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Cidade da Cultura dá a benvida a primavera cunha intervención paisaxística nas Torres Hejduk que reivindica o valor dos bosques galegos para a vida

‘Da semente á árbore’ é un proxecto da enxeñeira técnica agrícola Mónica Rodríguez Parcero, que poboa o espazo con varias especies atlánticas e mediterráneas

21/03/2024 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Día da poesía e o Día das Árbores nun acto no que conviven cultura e natureza

O director xeral de Cultura e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participan na Celebración da auga, a árbore e a poesía na Ínsua dos Poetas do Carballiño