Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

04/04/2024 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños interesados do inicio dos traballos da parcelaria de Almoite, en Baños de Molgas, que suporá a mobilización de 287 hectáreas

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá ao carón da estación de tren, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración

03/04/2024 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta promove un novo seminario dirixido ao sector lácteo para seguir favorecendo a competitividade das explotacións

A xornada desenvolveuse hoxe nas instalacións da explotación Devesa Langueirón, situada no concello coruñés de Ponteceso

03/04/2024 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta colabora co concello de ordes na rehabilitación integral do local social de Bailía

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou as instalacións situadas na parroquia de Leira, que veñen de rematar as súas obras

03/04/2024 | 13:24 | C. do Medio Rural

Avanzan os traballos da parcelaria de Goiás-Xaxán-A Veiga, en Lalín, que suporán a reestruturación de 2.589 hectáreas de 1.207 veciños

Están desenvolvéndose os labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de máis de 487.000 euros

02/04/2024 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Oímbra asinan un convenio para mellorar o local social de San Cibrao, co fin de poñer en valor un espazo dinamizador para a veciñanza

A través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural levarase a cabo este proxecto, cun investimento de arredor de 48.000 euros, que permitirá levar a cabo unha actuación para a renovación de cubrición de tellado e a restauración de muros 

02/04/2024 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca as novas medidas implementadas este ano para frear a expansión da avespa velutina dun xeito planificado e coordinado en toda Galicia

José González puxo en valor o esforzo da Xunta na loita contra esta especie invasora, cunha nova batería de iniciativas na que sobresae o trampeo selectivo e xeolocalizado, a través dun dispositivo coordinado nas catro provincias galegas

01/04/2024 | 15:55 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude da nova liña de axudas para persoas de entre 41 e 55 anos que se incorporen á actividade agrogandeira, dotada con 3 M€

Estas achegas están enmarcadas na convocatoria de investimentos en explotacións agrícolas -os coñecidos como plans de mellora- e a incorporación de mozos ao sector, e cuxo último día para a presentación de solicitudes é o 22 de abril

01/04/2024 | 15:45 | C. do Medio Rural

A Xunta terá unha presenza destacada no Galicia Fórum gastronómico e apoiará a promoción de máis de 50 empresas e cooperativas alimentarias galegas

Este evento celébrase no recinto de Expocoruña do 7 ao 9 de abril e nel a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará cun espazo propio no que haberá 31 empresas coexpositoras

31/03/2024 | 17:31 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola galego no marco da XLII Feira do Viño de Quiroga

José González lembrou que a convocatoria deste ano das axudas para reestruturación e reconversión de viñedo, dotada con catro millóns de euros, estará aberta ata o vindeiro día 26 de abril