Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

09/04/2024 | 14:11 | C. do Medio Rural

Especialistas da Xunta e do Goberno canario intercambian en Galicia coñecementos e experiencias en materia de extinción de incendios forestais

O persoal insular está a coñecer polo miúdo, ao longo desta semana, as instalacións, protocolos e medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) de Galicia

09/04/2024 | 14:02 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños interesados do inicio dos traballos da parcelaria de Riomol, coa que se mobilizarán 494 hectáreas no concello de Castroverde

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá en Riomol, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración

08/04/2024 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria iniciou 16 proxectos europeos en 5 anos, ligados a sectores clave para o rural, aos que se destinaron un total de 131 M€

No período 2019-2024, a Xunta estivo presente en destacadas iniciativas comunitarias dirixidas a sectores estratéxicos como o lácteo, a carne, o forestal ou o viño, dentro da aposta do Goberno autonómico pola investigación no agroforestal

08/04/2024 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal

O prazo das achegas para a divulgación de agrupacións forestais de xestión conxunta e apoio a asociacións sen ánimo de lucro que comercialicen produtos forestais remata este venres, 12 de abril, e para a creación destas figuras esténdese ao 10 de maio

07/04/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta define o Galicia Fórum Gastronómico como “unha unión da tradición, a innovación e a paixón” que permite poñer en valor a nosa calidade alimentaria

José González expresou o seu desexo de que o Fórum sirva como catalizador para fortalecer as nosas producións e promover un crecemento sostible deste eido

06/04/2024 | 20:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o apoio aos produtos alimentarios de calidade diferenciada amparados por selos coma a DOP Queixo de San Simón da Costa

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, estivo presente esta tarde no pregón da XVIII edición da Festa do Queixo de San Simón, que se está a celebrar esta fin de semana no concello lucense de Vilalba

06/04/2024 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na execución das novas medidas para frear a expansión da avespa velutina incidindo no trampeo xeolocalizado e na divulgación á poboación

Neste contexto, estanse a desenvolver charlas informativas enfocada á veciñanza, como a celebrada no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén

05/04/2024 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta lamenta que o Goberno marxine ás autonomías na modificación da PAC e que sexa incapaz de consensuar as reformas coas principais organizacións agrarias

José González demándalle ao Ministerio de Agricultura atención ás particularidades dos territorios neste proceso e concreción para aliviar a incerteza dos produtores