Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

25/04/2024 | 14:04 | C. do Medio Rural

A Xunta define o salón Gourmets como “un gran escaparate para demostrar o ben que sabe Galicia”

María José Gómez indicou que fomentar a participación dos produtores galegos neste tipo de espazos facilita darlle máis visibilidade aos produtos locais, propiciar o seu acceso aos mercados e crear sinerxías entre produtores, cociñeiros e consumidores

25/04/2024 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria como factores clave para a dinamización do rural galego mediante a innovación

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía en San Xoán de Río na clausura da xornada “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, organizada por “Ourense Rural é vida”

24/04/2024 | 20:21 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

O lume afectou unha superficie de 30,59 hectáreas, das cales 29,09 corresponden a monte arborado e as 1,5 restantes a raso

24/04/2024 | 19:44 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

O lume afectou unha superficie de 130 hectáreas, das cales 124 corresponden a monte arborado e as 6 restantes a raso

24/04/2024 | 16:59 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, que reordenará 441 hectáreas cun orzamento de 1,3 M€

Hoxe visitaron a zona representantes da Consellería do Medio Rural e da empresa contratada para elaborar as bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria

24/04/2024 | 16:57 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de 32 hectáreas

24/04/2024 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participa na 36ª edición Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía que se celebra en Logroño

24/04/2024 | 14:06 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

24/04/2024 | 13:22 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

O lume iniciouse ás 1,06 horas da madrugada do martes e afectou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales 12 se corresponden a monte arborado e 20,1 a raso

24/04/2024 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza que os pagos polos ecorréximes da PAC cubrirán en Galicia preto de 23.000 solicitudes cun importe de 15 M€ que se aboará no prazo establecido

A conselleira do Medio Rural explicou que pediron estas achegas case o 67 % dos solicitantes galegos da PAC e que os pagamentos supoñen arredor do 7 % dos importes totais da Política Agraria Común na nosa comunidade