Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

29/04/2024 | 14:30 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo salienta a personalidade dos viños do Ribeiro

Na Feira participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento

29/04/2024 | 10:52 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Unidade Militar de Emerxencias reforzan a súa colaboración e coordinación na loita contra os incendios forestais

Un pelotón de intervención da UME procedente de León estivo nos últimos días en Galicia para intercambiar coñecementos e experiencias con persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Goberno galego

28/04/2024 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece como agrupacións forestais de xestión conxunta ás asociacións que xestionan os soutos de Parada de Sil e de Tuxe e Cambela, no Bolo

Inscribiranse no rexistro de agrupacións forestais de xestión conxunta un total de 194,24 hectáreas de soutos, cun total de 157 persoas socias e 1.097 parcelas catastrais

27/04/2024 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no desenvolvemento de solucións innovadoras para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas de Galicia

A licitación foi promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a principios de 2024, despois dun proceso de Consulta Pública ao Mercado iniciado en 2021, e forma parte da estratexia de Aldeas Intelixentes financiada polo Goberno autonómico

26/04/2024 | 14:57 | C. do Medio Rural

Jorge Atán toma posesión como novo secretario xeral técnico de Medio Rural e José Balseiros repite como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez

26/04/2024 | 11:05 | C. do Medio Rural

A Xunta completa traballos preventivos nuns 50 quilómetros de pistas e nunhas 10 hectáreas de cortalumes do distrito forestal VIII Terra de Lemos

Os traballos leváronse a cabo en parroquias dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte o lume