Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

05/05/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia

Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional

03/05/2024 | 20:06 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a súa aposta pola promoción e a recuperación do territorio para poñer en valor o sector vitivinícola galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, participou na inauguración da 61º edición da Feira do Viño do Ribeiro

02/05/2024 | 21:00 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a IV feira en defensa do gandeiro da montaña, que se celebra o 11 de maio en San Román de Cervantes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades xunto con representantes da asociación organizadora, ‘Territorio Verde’

02/05/2024 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos galegos de calidade na nova edición da Feira anual da Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana coa directiva da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo), organizadora do evento

02/05/2024 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta reabre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados

As persoas interesadas deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras; e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono

01/05/2024 | 16:55 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a importancia das feiras tradicionais para potenciar o sector agrogandeiro galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu esta mañá á feira das Quendas 2024, que se celebra cada primeiro de maio na localidade lucense de Mondoñedo

30/04/2024 | 15:43 | C. do Medio Rural

O Plan Marco 2023-2024 deixou máis de 530.000 € na comarca do Salnés e Ullán

O delegado territorial visitou os traballos realizados en varios camiños de Meis con cargo ao Plan do ano pasado e anunciou a achega de 58.000 € que permitirá mellorar o acceso ás parcelas agrícolas das parroquias de Armenteira e Meis

30/04/2024 | 15:36 | C. do Medio Rural

Juan José Cerviño Varela toma posesión como novo director xeral da PAC e do control da cadea alimentaria

O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez