Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.440 novas da C. do Medio Rural:

26/05/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba

As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial

25/05/2024 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza varias actividades dentro da cuarta edición de “Lucus in Vino Veritas”

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural terá un espazo expositivo e promove dúas catas de viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023

24/05/2024 | 16:27 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a calidade do sector agroalimentario galego e compromete o seu impulso dentro e fóra de Galicia

Resaltou a importancia das empresas de distribución dentro da cadea de valor, ao igual que os produtores e a industria, para achegar aos consumidores os produtos alimentarios 

24/05/2024 | 15:19 | C. do Medio Rural

O delegado territorial en Pontevedra visita o resultado das obras de mellora do camiño Do Pazo a Coirón financiadas polo plan marco da Consellería do Medio Rural

Os 50.000 euros de investimento autonómico permitiron mellorar a seguridade viaria e a comodidade dun tramo de 640 metros que pasa polos lugares de Pazos e Vilaxuega

23/05/2024 | 18:13 | C. do Medio Rural

O matadoiro móbil da Consellería do Medio rural, pioneiro en España, mellora a rendibilidade das explotacións e o benestar animal

Así o valorou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento

23/05/2024 | 16:58 | C. do Medio Rural

O Pladiga 2024 incorpora por primeira vez seis novos vehículos polivalentes, que poden realizar tanto labores preventivas como de extinción

María José Gómez destacou tamén a creación de ata 44 novos puntos de auga para a recarga de medios de extinción e puxo en valor a entrada en servizo da nova base de medios aéreos transfronteiriza de Verín-Oímbra

23/05/2024 | 14:46 | C. do Medio Rural

Paz Rodríguez Rivera toma posesión como nova directora xeral de desenvolvemento rural e da Agader da consellería do Medio Rural

O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez