Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.405 novas da C. do Medio Rural:

02/07/2024 | 17:06 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade

A titular da Consellería visitou as novas instalacións, nas que se elaborará ovo a baixa temperatura, conseguindo conciñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para o seu consumo

01/07/2024 | 14:46 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
28/06/2024 | 20:05 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello do Grove

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático, localizado na provincia de Pontevedra

28/06/2024 | 13:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria gandeira con máis de 2 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a relación de beneficiarios que contarán cunha subvención destinada a financiar e levar a cabo os seus programas de planificación zoosanitaria

28/06/2024 | 11:42 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural destaca a calidade dos viños, augardentes e licores da comunidade na celebración das Catas de Galicia 2024

O evento conta cunha fase de selección previa, que se está a celebrar, e unha cata final onde se designarán as mostras máis salientables 

27/06/2024 | 20:22 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o bo facer dos viticultores e adegueiros da denominación de orixe Ribeiro á hora de producir viños de calidade

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos XIII Premios DO Ribeiro na que se recoñece aos mellores viños desta denominación de orixe

27/06/2024 | 18:16 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a elaboración do Plan de fomento das masas de coníferas na clausura do Padroado da Fundación Arume

A conselleira avanzou que se está a formular o Plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas xunto coas universidades de Santiago e Vigo, para promover esta especie considerando aspectos económicos, ambientais e de sustentabilidade

27/06/2024 | 17:54 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural potencia a internacionalización das pemes agroalimentarias artesanais a través do proxecto ‘Export Plus’

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria apoia esta iniciativa que ten como obxectivos principais aumentar o volume de exportacións, mellorar a competitividade das pemes e crear valor cara fóra

27/06/2024 | 17:34 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Escola Galega de Saúde Pública promove a seguridade alimentaria en Lugo formando a 55 novos cazadores

Organiza esta actividade en coordinación coas consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Medio Rural e en colaboración coa Federación Galega de Caza