Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.152 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

24/03/2023 | 17:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias de axudas para rehabilitar e facer máis eficientes as súas vivendas

Heriberto García explicou os principais programas de subvencións que o organismo autonómico convocará este ano en materia de rehabilitación enerxética residencial

24/03/2023 | 16:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso do sector turístico galego coa reciclaxe e a promoción da Comunidade como un destino sostible

Ao abeiro do Plan director 2021-2023 Galicia Destino Seguro instaláronse 437 puntos de reciclaxe en 102 cámpings e 56 albergues da Comunidade, ademais de contedores para a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón en 303 hoteis

24/03/2023 | 16:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prevé entregar 6 novas vivendas protexidas en Betanzos este verán ao abeiro do programa Rexurbe

Estas vivendas, xunto coas 4 que xa se entregaron o pasado setembro, converten a Betanzos no concello con más vivendas adxudicadas grazas a esta iniciativa

24/03/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta que supuxo un investimento de 1,6 M€

Ángeles Vázquez salienta que a comercialización das parcelas xa se incluíu no concurso de venda convocado por Xestur o pasado mes de febreiro e a apertura de ofertas está prevista para os vindeiros días

23/03/2023 | 17:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta introduce melloras na orde que regulará os usos e actividades no Areoso para atender parte das suxestións recibidas e reforzar o seu desfrute público

Entre os cambios cómpre subliñar o aumento da cifra de visitantes, coa introdución dunha terceira quenda diaria e sen alterar polo tanto a capacidade de carga do espazo; e a incorporación de novos usos permitidos, destacando a pesca recreativa

23/03/2023 | 17:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda vías de colaboración para desenvolver iniciativas en materia de economía circular co Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

Sagrario Pérez mostrou especial interese pola investigación que realiza sobre materiais de construción sostibles, como, por exemplo, o desenvolvemento de novas formulacións a partir de residuos, biomateriais ou refugallos da construción

23/03/2023 | 15:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a Xunta estuda a fórmula para crear un canon que grave as liñas de evacuación da eólica mariña

Defende este gravame dentro da nova lei de recursos naturais, que comezou hoxe a súa tramitación no Consello do Goberno galego

22/03/2023 | 14:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 20.000 euros ao concello de Vilarmaior para a mellora exterior dun inmoble municipal destinado a usos sociais

Este financiamento outórgase ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

22/03/2023 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta agradece o compromiso da mocidade galega na loita diaria contra o cambio climático

Ángeles Vázquez reitera a importancia de que os máis novos sexan embaixadores do medio ambiente, asumindo rutinas que contribúan a loitar contra este fenómeno e axudando aos máis maiores a abandonar costumes prexudiciais para a contorna

22/03/2023 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 650 prazas para coñecer Cíes e Ons esta Semana Santa a través de 35 rutas guiadas e gratuítas

As persoas interesadas poden anotarse en liña na central de reservas do Parque Nacional ou ben o mesmo día da súa visita nas casetas de información das illas