Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.152 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

28/03/2023 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta o compromiso do sector pesqueiro co coidado do medio ambiente tras recuperar máis de 700 kg de lixo mariño das nosas costas en 2022

Ángeles Vázquez valora que son xa 6 os portos galegos que participan nun proxecto pioneiro a nivel mundial, no que os pescadores recollen os residuos que caen nas súas redes e os levan ata os peiraos para o seu correcto tratamento

27/03/2023 | 19:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cualedro abordan a posible humanización da contorna da rúa Maior na Xironda

Ángeles Vázquez explica que esta actuación podería encaixar nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

27/03/2023 | 17:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta culmina catro anos de traballo no marco do proxecto europeo Shelter para mellorar a resiliencia do parque natural do Xurés ante o cambio climático

Durante a súa intervención Sagrario Pérez expuxo algunhas das principais iniciativas impulsadas pola Xunta nesta materia, como a Alianza galega polo Clima, a Misión de adaptación europea ou a futura Lei do clima autonómica, entre outras

27/03/2023 | 16:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia comparte con Cataluña o seu modelo de xestión do lobo e o sistema de compensacións económicas ao sector gandeiro

Belén do Campo trasládalles os bos resultados do plan aprobado pola Xunta hai máis dunha década e confirmado polo estudo poboacional completado en 2022, que constata o estado favorable da especie ao estimar que hai 93 mandas reprodutoras

27/03/2023 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Fernández-Tapias anuncia a construción de 409 vivendas de alugueiro social en Navia para reforzar o parque público da Xunta en Vigo

A delegada da Xunta mantivo unha xuntanza con representantes do colectivo social Os Ninguéns para abordar as accións do Goberno galego en materia residencial

27/03/2023 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adquire 3 inmobles en Ferrol por case 200.000 € para rehabilitalos e destinalos a vivendas protexidas

Ángeles Vázquez subliña que Ferrol é o municipio no que o Goberno galego comprou máis edificios e solares ao abeiro do programa Rexurbe

26/03/2023 | 10:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A competición a nado Tripla Coroa Illas Atlánticas abre mañá o prazo de inscrición para poder participar na súa segunda proba

A carreira, na que colabora a Xunta e que se enmarca na terceira edición deste acontecemento deportivo, celebrarase o 9 de setembro entre a illa de Sálvora e Ribeira

26/03/2023 | 10:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 370.000 € na adquisición de dous inmobles para rehabilitar na cidade de Ourense

Con esta nova operación de compravenda, a Xunta xa conta no centro histórico da capital ourensá con seis inmobles que prevé destinar a vivendas de alugueiro social

25/03/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Coirós destinan máis de 125.000 € á humanización do núcleo de Casal-Combarro

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza