Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

19/04/2023 | 14:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda destaca o pulo do sector conserveiro galego que traballa para seguir liderando o mercado da man da innovación e dos estándares de calidade


Salienta o afán da empresa conserveira por converterse nun referente mundial no emprego das novas tecnoloxías nunha das plantas máis grandes e modernas do sector conserveiro en Galicia

19/04/2023 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Clúster de Turismo coinciden na idoneidade de permitir 3 quendas diarias de acceso ao Illote Areoso

O Goberno galego concretará co sector turístico os horarios de acceso co fin de garantir o equilibrio entre a protección e o aproveitamento público deste espazo natural

18/04/2023 | 15:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada os obxectivos da futura Lei de aproveitamento dos recursos naturais ao Clúster Medioambiental de Galicia

Ángeles Vázquez asevera que o Goberno galego comparte o seu modelo de compatibilizar a actividade económica co desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do medio ambiente

18/04/2023 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca de forma urxente o Observatorio da Vivenda de Galicia para abordar o proxecto da nova Lei estatal polo dereito á vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda indicou hoxe que o organismo se reunirá este venres para fixar unha postura común sobre o novo texto normativo entre as administracións públicas e os profesionais do sector representados no mesmo

18/04/2023 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia mellora a súa posición ao converterse na segunda Comunidade Autónoma que máis reduciu as emisións de gases contaminantes en 2021

Ángeles Vázquez salienta o papel das cidades para avanzar cara a unha Galicia verde e respectuosa co medio ambiente

16/04/2023 | 10:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta formará a 50 persoas para exercer de guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O curso, que comeza a impartirse mañá e se prolongará ata o vindeiro mes de outubro, permitirá que diferentes perfís profesionais consigan a acreditación necesaria para poder dar a coñecer os principais valores deste espazo natural entre os seus visitantes

15/04/2023 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia solicita ao Goberno central unha reunión con todas as comunidades para abordar a futura lei de vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, envía unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para esixir a convocatoria “coa maior urxencia posible” dunha Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo

14/04/2023 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta comproba a boa evolución do proxecto de recuperación dunha planta ameazada en Corrubedo logo da floración dos primeiros exemplares

Ángeles Vázquez pon en valor que esta floración supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar deste espazo natural