Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

01/06/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 500.000 € a redacción do proxecto e a dirección de obra para construír 76 vivendas de promoción pública en Pontevedra

Trátase dunha das actuacións previstas na Estratexia de vivenda pública e protexida aprobada polo Goberno galego a finais do mes de marzo

31/05/2023 | 15:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o compromiso das entidades locais e das asociacións protectoras co coidado e atención dos animais domésticos abandonados

Belén do Campo lembra que permanece aberto o prazo de solicitude das axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados do coidado, a atención e a manutención dos animais domésticos abandonados que teñen ao seu cargo

31/05/2023 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta renova a formación básica en primeiros auxilios de todo o cadro de persoal do Parque Nacional

Preto de medio cento de traballadores que desenvolven o seu labor tanto a pé de campo, nas catro illas, como no edificio Cambón de Vigo, sede central do organismo, completaron en maio un curso sobre soporte vital básico e manexo de desfibriladores

31/05/2023 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado ambiental interxeracional en 18 espazos naturais

Nesta terceira edición están programadas 32 actividades que impulsan o respecto e coidado do patrimonio natural da Comunidade

30/05/2023 | 16:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta solicita 4,36 M€ dos orzamentos estatais deste ano para o lobo, a mesma contía que o Ministerio se negou a transferir a Galicia en 2022

O reparto definitivo decidirase na Conferencia sectorial prevista para mediados de xuño polo que Belén do Campo advirte de que o traspaso efectivo dos fondos ás comunidades se atrasará á segunda metade do ano, dificultando deste xeito a súa xestión e execución

30/05/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reclamará unha mesa de diálogo co Goberno central para resolver as dúbidas competenciais da nova Lei polo dereito á vivenda

Ángeles Vázquez aposta pola apertura dunha comisión bilateral Xunta-Estado pero non descarta recorrer ante a Xustiza unha norma “intervencionista”, que “invade competencias autonómicas” e que xerará “inseguridade xurídica e confusión”
 

25/05/2023 | 17:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo presentan un vídeo para concienciar sobre a función dos insectos polinizadores e a necesidade da súa preservación

A Illa dos polinizadores é unha peza audiovisual enmarcada no proxecto LIFE insular, que ten como fin a restauración integrada dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora

24/05/2023 | 18:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta celebra a declaración do Xeoparque Mundial de Cabo Ortegal, o segundo de Galicia

O Consello Executivo da Unesco deu a coñecer hoxe a incorporación dun total de 18 novos espazos á Rede de Xeoparques, que pasa a estar integrada por 195 lugares

24/05/2023 | 18:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta descarta, tras varias inspeccións técnicas, que a praga de moscas do Val estea relacionada coa actividade das granxas da zona

Martina Aneiros lembrou que o control das pragas non é unha actividade prestada pola administración autonómica e que os Concellos son autoridade sanitaria e teñen competencias de control ambiental e sanitario