Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

05/06/2023 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apela no Día Mundial do Medio Ambiente á responsabilidade no consumo de plástico para evitar o seu impacto sobre a contorna

Ángeles Vázquez incide en que a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados

04/06/2023 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma ao persoal público para incorporar criterios ambientais á xestión de fondos europeos

Este curso, pioneiro a nivel autonómico e nacional, enmárcase no obxectivo de aproveitar ao máximo as oportunidades de financiamento que ofrece a Unión Europea ao abeiro do programa Next Generation e dos fondos Estructurais FEDER

04/06/2023 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha xornada de limpeza dos fondos mariños da illa de Sálvora

Esta actuación realízase ao abeiro das subvencións da área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

03/06/2023 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na sétima edición da xornada de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza

A recollida colaborativa de residuos organizada co gallo do Día mundial do medio ambiente ten como obxectivo reducir a presenza de residuos na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe

02/06/2023 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha guía para compatibilizar o desenvolvemento de parques industriais coa creación de espazos públicos respectuosos coa paisaxe

Ángeles Vázquez incide na importancia de compaxinar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das actividades económicas coa creación de espazos integrados paisaxisticamente

02/06/2023 | 10:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abrirá o próximo luns o prazo para solicitar axudas de ata 18.000 € destinadas a facer máis accesibles vivendas e edificios residenciais

Entre as actuacións subvencionables figuran, por exemplo, a instalación de ascensores e salva escaleiras, da mellora dos accesos desde a vía pública ou a dotación de produtos de apoio, sistemas de guiado, sinais luminosos e sonoros

02/06/2023 | 10:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas por preto de 770.000 € para apoiar aos concellos no impulso de accións e proxectos innovadores fronte ao cambio climático

O Diario Oficial de Galicia publica esta orde de subvencións á que poden acollerse todas as entidades locais galegas que estean adheridas ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía e que xa teñan elaborado un plan de acción propio neste eido

01/06/2023 | 17:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma a persoal e representantes municipais de 15 concellos galegos para garantir a reprodución e coidado das súas poboacións de píllara

Belén do Campo lembra que o ano pasado se constatou o nacemento de máis de 180 exemplares en toda a Comunidade, dos cales 41 foron resultado do programa de cría en catividade desenvolvido nos centros de recuperación de fauna de Cotobade e Oleiros

01/06/2023 | 17:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola concienciación como a mellor política preventiva fronte ao lixo mariño

Sagrario Pérez subliña a importancia de iniciativas de sensibilización como Mares circulares para axitar conciencias e animar á sociedade a actuar de forma individual

01/06/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon ao Xeoparque Montañas do Courel como exemplo da aposta pola educación ambiental para sumar ás novas xeracións ao coidado da contorna

Belén do Campo subliña a estreita colaboración da Xunta co órgano xestor deste espazo natural, que tamén está recoñecido como Zona de especial conservación Ancares-Courel e forma parte da Reserva de biosfera Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel