Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

20/06/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por unha produción sostible do sector primario que respecte a biodiversidade

Ángeles Vázquez di que o sector lácteo debe avanzar cara a un novo paradigma, baseado nunha actividade respectuosa co medio ambiente que dea como resultado un produto sostible e de alto valor engadido, que reforce o renome e a reputación que xa ten

19/06/2023 | 17:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora ao redor do 90% das alegacións presentadas á orde que regulará os usos públicos e as actividades permitidas no arquipélago dos Guidoiros

Ángeles Vázquez incide en que esta orde, cuxa previsión é que entre en vigor a comezos do mes de xullo, pretende garantir o equilibrio entre a protección dos valores e o aproveitamento público deste espazo natural

17/06/2023 | 11:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constitúe o xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia de 2023

Hai 78 propostas nas categorías de arquitectura, rehabilitación e sustentabilidade

16/06/2023 | 15:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta premia a un instituto lucense e a tres colexios ourensáns como gañadores da cuarta edición do concurso Pilabot

Sagrario Pérez destaca o gran interese que espertou esta edición, xa que as 150 prazas dispoñibles para participar foron cubertas antes da data límite de inscrición

15/06/2023 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas por máis de 43 M€ para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións coas convocatorias plurianuais de tres programas de subvencións en materia de rehabilitación residencial

14/06/2023 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso da comunidade educativa co respecto e co coidado do medio ambiente

Ángeles Vázquez reitera o papel dos máis novos como embaixadores do medio ambiente e convidounos a continuar realizando tarefas de sensibilización ambiental