Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

24/06/2023 | 12:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 786.000 € a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Mos

A intervención proxectada ten como obxectivo converter esta zona nun espazo público no que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos

23/06/2023 | 15:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba unha nova actualización do Plan Básico Autonómico para garantir a vixencia e dinamismo desta ferramenta indispensable de ordenación urbanística

Trátase da cuarta revisión do PBA, aprobado no ano 2018 e que axuda a plasmar sobre o territorio a complexa realidade dos diferentes instrumentos de ordenación así como á identificación de todas as afeccións sectoriais vixentes na Comunidade

23/06/2023 | 14:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén aberto o prazo para presentar alegacións ao proxecto do Plan de xestión do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira

Ángeles Vázquez explica que este plan ten como propósito a xestión, conservación e posta en valor deste espazo protexido a través da regulación de usos e actividades

23/06/2023 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a distribución das bandeiras azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega de cinco insignias a Poio, A Guarda e A Illa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,repartiu estes distintivos para as praias de Cabeceira, Area Grande, O Muíño, Area da Secada e O Bao aos alcaldes Ángel Moldes e Roberto Carrero e a concelleira Rosi Viana

22/06/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Goberno galego impulsa a tramitación da Lei do clima para darlle rango legal ao compromiso de conseguir unha Galicia neutra en emisións no horizonte do ano 2050

Rueda indica que o Consello aprobou hoxe someter a información pública e audiencia do anteproxecto lexislativo durante un mes co fin de enriquecer e mellorar o texto inicial

21/06/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca unha poxa para a adxudicación de máis de 127.000 m2 de solo empresarial na Plisan

As parcelas asignaranse en réxime de compravenda a partir de 80,19 euros o metro cadrado e en dereito de superficie a partir de 1,20 euros por metro cadrado e ano

21/06/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por primeira vez axudas para a promoción de aloxamentos temporais, modelos de cohousing e vivendas interxeneracionais por 6,8 M€

As solicitudes para optar a estas subvencións, dirixidas a entidades privadas e empresas, poden presentarse a partir de mañá e ata o 2 de novembro de 2023

21/06/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos e tamén para ser respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais