Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.155 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

28/06/2023 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
28/06/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima a aplicación web destinada a controlar o acceso ao Illote do Areoso a partir de xullo

O sistema para poder visitar este espazo natural será moi similar ao que funciona xa no Parque Nacional das Illas Atlánticas e no Monumento Natural das Catedrais

27/06/2023 | 15:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ferrol asinan os convenios do programa de barrios que permitirá investir 3,5 M€ en obras de rehabilitación enerxética en 4 zonas da cidade

Ángeles Vázquez subliña que Ferrol é o cuarto municipio galego que máis fondos recibe no marco da primeira convocatoria das axudas, financiadas con fondos da UE

27/06/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 2,8 M€ a instalación de paneis fotovoltaicos no almacén de combustible do complexo de Sogama en Cerceda

O contrato contempla a xestión integral de todo o proceso, desde a elaboración do proxecto de execución ata a remodelación total do tellado da nave

27/06/2023 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Autorizada a venda de sete parcelas nos polígonos industriais de Cee, Vimianzo, Catoira e Vilanova de Arousa por preto de 1,25 millóns de euros

Tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con opción de compra de 4 parcelas no parque empresarial de Vimianzo

26/06/2023 | 17:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto GIFT de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde

No proxecto, impulsado no marco do programa Interreg Europe-FEDER, ademais do Goberno galego, participan outras 9 entidades de países e rexións da Unión Europea

26/06/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta advirte de que as trabas do Estado a renovar a concesión da empresa A Ostreira fan perigar a subministración de semente ao sector marisqueiro

Ángeles Vázquez lamenta que as instalacións que a empresa ten no Grove vexan comprometido o seu futuro polas exixencias do Goberno central de cambiar de lugar unhas piscinas asentadas no dominio público marítimo-terrestre que son vitais no seu proceso de produción e que carecen de localización alternativa

25/06/2023 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incide na importancia de implicar á cidadanía na aposta polo fermosismo para poñer en valor as distintas paisaxes de Galicia

Ángeles Vázquez subliña a “gran acollida” entre os particulares galegos das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos impulsadas polo seu departamento no ano 2021

24/06/2023 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pecha unha nova edición do obradoiro Eu son inspect@r urbanístic@ con máis de 1.700 participantes

A través do Proxecto Terra, 30 centros de educación infantil, primaria e secundaria das catro provincias recibiron 72 actividades impartidas por persoal técnico da APLU