Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 370.000 euros á contratación de persoas coidadoras de gando como medida de prevención ante os ataques do lobo
Do Campo salienta que se incrementa en 216.000 euros a partida inicialmente destinada a esta iniciativa novidosa para atender todas as solicitudes presentadas
A Xunta licitará a redacción dos proxectos de urbanización e de expropiación do parque empresarial de Coristanco
O consello de administración de Xestur autorizou ambas licitacións
A delegada da Xunta traslada ao alcalde de Nigrán os avances para a rehabilitación do templo Votivo de Panxón do arquitecto Antonio Palacios
Ana Ortiz mantivo este martes unha xuntanza co rexedor no que abordaron a colaboración permanente desde o Goberno galego
Gabriel Alén salienta as políticas de vivenda e rehabilitación da Xunta
O delegado territorial lembrou que dende o 4 de xullo ata o vindeiro 2 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes ás axudas de ata 15.000 euros da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para comprar vivendas en centros históricos
Sogama prevé a posta en marcha da planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa en outubro
Cun investimento de 15,1 M€, esta planta dará servizo a 26 concellos e integrará as distintas fases do proceso de compostaxe dos residuos orgánicos
A Xunta destina 315.000 euros á humanización dunha nova rúa en Arbo para liberar o tráfico do centro urbano do concello
Estas obras acométense ao abeiro plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais
A Xunta declara a seca prolongada nas concas da ría da Coruña e de Betanzos e nos sistemas de abastecemento de Ferrolterra e da Mariña
Actívase a situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación da bacía de competencia autonómica, abranguendo desde a conca do río Mero a Ferrol e desde a do río Mera á ría de Ribadeo
A Xunta convoca axudas por 5,6 M€ para a mellora de instalacións de tratamento de residuos por parte de entidades privadas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta convocatoria, destinada a empresas, autónomos, asociacións e fundacións
A Xunta pon á disposición da cidadanía un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación do litoral de Galicia
Esta ferramenta dixital permitirá ao usuarios coñecer de primeira man os usos permitidos en cada unha das áreas que identifica a norma normativa