Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

06/10/2023 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avalía iniciativas que contribúan a mellorar a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos para avanzar cara á economía circular

Os RAEE forman parten dun dos eixos prioritarios da Estratexia Galega de Economía Circular 2030, tendo en conta que estes aparellos poden prolongar a súa vida útil a través da súa reparación ou reutilización

05/10/2023 | 17:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma a medio cento de persoas para exercer de guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Tras superar a fase teórica, os participantes cursaron hoxe o último día de instrución da parte práctica, o paso final para lograr a acreditación necesaria para dar a coñecer os valores deste espazo natural entre os seus visitantes

04/10/2023 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca que o 94 % da poboación galega disporá dun punto limpo a menos de 10 minutos do seu domicilio

Ángeles Vázquez avanza que o Concello de Coristanco recibirá 285.000 € ao abeiro da liña de axudas para a construción por parte das entidades locais de novos puntos limpos fixos, cuxa resolución sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia

04/10/2023 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica a norma reguladora dos sorteos para obter permisos de pesca fluvial para a tempada 2024

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes para participar a partir de mañá e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de outubro á medianoite
 

03/10/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén salienta a contribución da Xunta ao embelecemento da provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, 24 concellos e 89 cidadáns se beneficiaron este ano das axudas convocadas para a corrección de impactos paisaxísticos en equipamentos municipais e en vivendas e propiedades particulares, por importe de 747.765,76 €

03/10/2023 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta esixe que os orzamentos do estado inclúan fondos para que comunidades e concellos poidan asumir as novas obrigas impostas pola Lei de Benestar Animal

Ángeles Vázquez lamenta a falta de diálogo do Goberno central na elaboración dunha norma que sufriu ata 7 vetos nas Cortes e que entrou en vigor sen dotación orzamentaria e supeditada a un desenvolvemento regulamentario aínda sen data

02/10/2023 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recibe 2.500 solicitudes de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en edificios e vivendas

Ángeles Vázquez subliña que o seu departamento convocou este ano 3 programas de subvencións para actuacións de rehabilitación cun orzamento de máis de 43 M€