Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

16/10/2023 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Piñor poñen á disposición da veciñanza un edificio de usos múltiples

Cun investimento de máis de 500.000 €, a obra acometeuse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

15/10/2023 | 16:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 340.000 euros a obra de acondicionamento da vía paralela á liña ferroviaria no concello do Porriño

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

13/10/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a consulta pública previa o decreto que regulará os instrumentos e outras medidas para promover a protección das especies silvestres

A futura norma desenvolverá os contidos da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia e do actual Catálogo galego de especies ameazadas

12/10/2023 | 12:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Vilanova de Arousa avalían vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e xestión de residuos

O Concello recibirá 350.000 € ao abeiro da liña de axudas para a construción por parte das entidades locais de novos puntos limpos fixos

12/10/2023 | 11:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por case 4,4 M€ a obra de remate dun edificio de 24 vivendas de promoción pública en Santiago

O obxectivo é completar os traballos xa iniciados e cuxo contrato foi rescindido polas dificultades atopadas no subsolo da parcela e a suba dos prezos construtivos

11/10/2023 | 18:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais

O prazo de presentación de solicitudes pechouse o pasado 2 de outubro e o IGVS rexistrou demanda para rehabilitar preto de 17.000 vivendas

11/10/2023 | 18:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O monumento natural Praia das Catedrais recibiu preto de 225.000 visitas durante a temporada alta de 2023

Do Campo fixo fincapé na importancia de combinar o uso e desfrute desta contorna coa súa preservación e, nesa liña, lembrou a obrigatoriedade de cumprir a normativa de uso público establecida para este espazo protexido

11/10/2023 | 17:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Comisión Europea pon a Galicia como exemplo do éxito do Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía

Sagrario Pérez salienta o traballo desenvolvido pola Xunta desde que puxo en marcha, en 2018, a Oficina Técnica de Asistencia a Concellos pasando de 22 concellos adheridos naquel momento aos 285 actuais

10/10/2023 | 18:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o labor do sector forestal para aumentar a resiliencia do medio rural e avanzar cara á neutralidade climática

Incide na importancia de incluír criterios relativos ao uso da madeira na Guía de contratación pública ecolóxica