Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

07/11/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anuncia a adxudicación do plan e do proxecto de urbanización que permitirán ampliar en 162.000 m2 o polígono industrial de Toedo, na Estrada

Ángeles Vázquez subliña que o próximo ano se redactarán ambos documentos co obxectivo de poder iniciar as obras de urbanización do novo ámbito en 2025 e avanzar en paralelo no asentamento das empresas interesadas nesta área industrial

07/11/2023 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de outubro extremadamente cálido e moi húmido

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia conclúe que tanto as temperaturas máximas como as mínimas foron moito máis altas do agardado, de igual xeito que o número de días de chuvia e a súa intensidade

06/11/2023 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta disporá o vindeiro ano de 20 M€ para conceder préstamos sen xuros a concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar inmobles municipais

Ángeles Vázquez subliña que na convocatoria de 2023 se recibiron 39 solicitudes por importe de 10,15 millóns de euros que están sendo valoradas

06/11/2023 | 11:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede axudas por case 2 M€ para impulsar novos proxectos e mellorar instalacións existentes para clasificación e tratamento de residuos municipais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde convocada o pasado verán e destinada a empresas, autónomos, asociacións e fundacións
 

05/11/2023 | 11:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Folgoso do Courel avalían iniciativas para desenvolver proxectos de humanización e para impulsar o Xeoparque

Estudaron o proxecto municipal para a construción dun novo acceso aos edificios municipais de usos múltiples que se localizan no lugar de Fondo de Vila

04/11/2023 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña o papel e a colaboración dos cazadores no control da fauna silvestre en Galicia

Cun total de 21 participantes, os 3 primeiros clasificados na proba de caza menor xeral representarán á Comunidade no Campionato de España desta modalidade

04/11/2023 | 15:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia a posta en marcha da planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa que dará servizo a 26 concellos

Sinalou que vai atender a un número moi importante de concellos, cunha poboación total de 327.000 habitantes

03/11/2023 | 15:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación Galega de Caza acordan seguir colaborando o vindeiro ano para formar ao colectivo e fomentar novas incorporacións

Belén do Campo avanza o compromiso orzamentario do seu departamento para renovar o convenio de colaboración que mantén con esta organización desde 2015

03/11/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo avanzan no estudo dun Plan de refuxios climáticos en Galicia

A iniciativa consiste en converter as instalacións públicas en refuxios climáticos para protexer aos máis vulnerables das olas de calor para o que é preciso identificar illas de frío no territorio galego