Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

19/11/2023 | 16:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reunirase co Goberno central a próxima semana para abordar as dúbidas de aplicación da nova Lei de benestar animal estatal

Belén do Campo comprométese a trasladarlle ao Estado a inquedanza da entidade ante o posible impacto que terá a normativa para os criadores de cans

19/11/2023 | 10:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 290.000 euros a redacción do plan de creación do parque empresarial de Louredo, entre Mos e Redondela

O plan pretende ordenar unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados e poñela posteriormente a disposición do tecido empresarial

18/11/2023 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece axudas de ata 30.000 € para restaurar vivendas e edificios residenciais na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

Ángeles Vázquez anima a propietarios particulares e comunidades de veciños a aproveitar estes incentivos económicos, que se poden solicitar ata o 30 de novembro e aos que se destinará este ano unha partida de 1,13 M€, o dobre que o ano pasado

18/11/2023 | 11:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta entrega en Sober tres vivendas protexidas no marco dun proxecto piloto de construcións modulares

Ángeles Vázquez incide en que o Goberno galego seguirá prestando especial atención ao acceso á vivenda en 2024, triplicando o investimento destinado á construción de vivenda pública, pasando de 10,5 M€ a un total de 32 M€

17/11/2023 | 20:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por políticas transversais en vivenda ou emprendemento para dinamizar localidades rurais como Melide

Ángeles Vázquez avanza que o seu departamento estudará as posibilidades de desenvolver solo industrial no municipio así como a súa mellor localización

17/11/2023 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O programa de sensibilización ambiental Escola Verde duplica este ano a participación de centros educativos ao chegar a 20

Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta+, conta coa colaboración activa de arredor de 230 profesores e chegará a preto de 2.300 alumnos de centros de ensino tanto rurais como urbanos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato

17/11/2023 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta consultiva de urbanismo emitiu 105 informes que axudaron a aplicar a normativa sectorial e resolver dúbidas interpretativas

Encarnación Rivas subliña que o asesoramento prestado é un paso máis no compromiso do Goberno galego para avanzar cara a un urbanismo responsable

17/11/2023 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede axudas por máis de 2,2 M€ para axudar ás entidades locais na mellora da recollida de residuos municipais

As axudas teñen como obxectivo impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia

17/11/2023 | 11:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 98.000 euros a obra de humanización da praza Eladio Rodríguez, en Leiro

A actuación consistirá na pavimentación da zona, a renovación de mobiliario e a colocación de xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda

16/11/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove a recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a través dos establecementos distribuidores de electrodomésticos

Ángeles Vázquez salienta que o fomento da recollida dos RAEE é unha das liñas estratéxicas do Goberno galego en materia de refugallos