Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

09/12/2023 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta actualizará a plataforma de información ambiental para facilitar o cumprimento da normativa de xestión de residuos por parte dos talleres mecánicos

Ángeles Vázquez fai fincapé en que este procedemento permitirá reducir as cargas administrativas destes establecementos, sempre e cando leven o arquivo cronolóxico correspondente a través de Gaia

08/12/2023 | 12:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por desfrutar dun Nadal sostible cun consumo responsable e coa reciclaxe dos residuos

Ángeles Vázquez pon en valor que sinxelos, pero fundamentais xestos, como o de separar correctamente os residuos por tipoloxía e depositalos no contedor correspondente, son claves para avanzar cara a un futuro máis sustentable

07/12/2023 | 16:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licitará este mes a construción de dous edificios con 36 novas vivendas de promoción pública en Santiago

Rueda resalta que o Goberno autonómico destinará 7,2 M€ a estas obras “que comezarán o vindeiro ano”

07/12/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cualedro abordan o proxecto municipal de humanización e mellora dos servizos públicos na rúa Maior da Xironda

Ambas administracións analizaron tamén o estado de tramitación do proxecto de creación dun punto limpo que promove a agrupación de municipios conformada por Monterrei, Trasmiras e Cualedro

06/12/2023 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
06/12/2023 | 14:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Palas de Rei avalían o proxecto municipal para mellorar a contorna da pista multideporte do CEIP da localidade

Ambas administracións analizaron tamén o estado de tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial do municipio, para o que o Executivo galego reserva máis de 800.000 euros nos orzamentos do próximo ano

06/12/2023 | 11:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu 75 avais por 1,4 M€ para apoiar a mozos galegos na compra da súa primeira vivenda

A medida, convocada por primeira vez este ano, facilita o acceso a unha hipoteca dun dos colectivos con máis dificultades á hora de acceder a un fogar en propiedade

06/12/2023 | 09:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Compostela Monumental estreitan a súa colaboración para avanzar na concienciación sobre o uso dos plásticos e o consumo responsable

O Executivo galego e a asociación de comerciantes santiaguesa cooperarán en distintas iniciativas para avanzar na sensibilización da cidadanía e promocionar unha imaxe de centro histórico sostible que aposta por prácticas respectuosas co medio ambiente

05/12/2023 | 17:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia defende que as decisións no eido da vivenda se baseen en estudos rigorosos da situación do mercado

A Xunta ultima un informe sobre os prezos dos alugueiros e o esforzo económico que realizan as familias neste eido para a súa presentación proximamente no seo do Observatorio Galego da Vivenda

05/12/2023 | 15:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta garante o seu apoio ao sector das razas autóctonas en 2024 para afrontar os danos do lobo

Do Campo avanza que o Goberno galego publicará nas vindeiras semanas unha nova convocatoria tanto da liña de axudas para prevención de danos como da correspondente a paliar as consecuencias dos ataques desta especie