Actualidade
Buscador de novas
A Xunta asina o convenio para construír co apoio de fondos europeos 27 vivendas en Esturáns, en Vigo
O acordo supón materializar a axuda de preto de 1,2 millóns de euros concedida polo Executivo galego ao Concello para que constrúa un inmoble cun investimento total de case 4,5 millóns de euros
A Xunta asina o convenio que permitirá cofinanciar con fondos europeos a rehabilitación de 24 vivendas destinadas a alugueiro social no marco do Rexurbe
Cun investimento total estimado en 5,9 M€, os traballos financiaranse nun 81% con achegas propias da Comunidade e o resto, con fondos procedentes da Unión Europea
A Xunta pon en marcha a planta de biorresiduos de Verín para dar servizo aos concellos da provincia de Ourense
Ángeles Vázquez asevera que o obxectivo é apoiar aos municipios no cumprimento da normativa europea que establece que deben ter implementada a recollida diferenciada da materia orgánica antes do 31 de decembro de 2023
A Xunta completa os traballos para a restauración ecolóxica da Lagoa de Cospeito, cun investimento de preto de 450.000 €
Ángeles Vázquez lembra que esta actuación se enmarca no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa que, cun orzamento de 5 M€, ten como obxectivo mellorar o estado ecolóxico e a adaptación ao cambio climático de medio cento de ríos e zonas húmidas de Galicia
Galicia e Portugal impulsan unha acción formativa para capacitar ao persoal público de cara ao desenvolvemento da infraestrutura verde
Ángeles Vázquez subliña que a infraestrutura verde é unha das principais ferramentas para garantir a preservación da biodiversidade e para reforzar a resiliencia dos territorios ante o cambio climático
A Xunta investirá preto de 44.000 euros na redacción do proxecto de expropiación dos terreos para ampliar o parque empresarial de Bértoa, en Carballo
O Executivo galego urbanizará máis de 638.000 metros cadrados de superficie bruta, dos que preto de 380.000 corresponderán a parcelas de uso empresarial
A Xunta investirá 44.000 € na redacción dos proxectos de urbanización e parcelamento da Cidade do transporte de Ponte Caldelas
O obxectivo é adaptar a urbanización existente para facilitar a implantación de empresas de todo tipo e non só as dedicadas ao transporte, como se prevía inicialmente
A Xunta destina 90.000 € ás axudas para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia
Ángeles Vázquez subliña que este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación