Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina máis de 3,1 M€ á subministración de 108 vehículos para renovar parte do parque móbil dos servizos de patrimonio natural e recuperación de fauna
O contrato permitirá dotar ao persoal de camionetas estilo pick-up, coches SUV 4x4, furgonetas e vehículos todoterreo para facilitar o seu labor nas zonas forestais ou de difícil acceso nas que adoitan actuar
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de expropiación do parque empresarial de Coristanco
O Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque está sometido a exposición pública desde o pasado 15 de decembro
A Xunta licita por 3,8 M€ a rehabilitación de 17 vivendas para alugueiro social en Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia
Os inmobles foron adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do Programa Rexurbe e están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos
A Xunta informa á cadea mar-industria e aos concellos costeiros das alegacións presentadas ante o Tribunal Constitucional sobre a Lei do Litoral de Galicia
Ángeles Vázquez subliña que o Goberno galego remitiu un extenso documento de 350 páxinas no que se defenden os intereses dos propietarios de inmobles e de actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre
A Xunta e o sector hostaleiro colaborarán no fomento da reciclaxe e a correcta separación de residuos
Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa se desenvolverá nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo no ámbito da restauración, en aloxamentos e en locais de ocio nocturno
A Xunta traslada aos traballadores de Alcoa o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuníronse con representantes do Comité de empresa da factoría lucense
Rueda anuncia que a Xunta licita a construción ou rehabilitación de 231 vivendas públicas para alugueiro social en sete municipios por preto de 50 M€
O presidente salienta que todos estes inmobles se van destinar “ao alugueiro social”
A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto de conversión en autovía da vía de altas prestacións que comunica Brión e Noia
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto da 1ª fase do desdobramento a participación durante un mes, no marco do proceso de avaliación ambiental simplificada