Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

07/01/2024 | 12:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 1,2 M€ servizos relacionados coas obras de construción de 351 vivendas de promoción pública en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago

O procedemento agrúpase en lotes correspondentes aos traballos de dirección de execución e de coordinación da seguridade para a promoción dun total de edificios

06/01/2024 | 16:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 156.000 € o servizo de actividades de sensibilización e divulgación nas aulas da natureza de Siradella e O Veral durante os próximos 3 anos

As accións previstas, que se desenvolverán principalmente nas propias instalacións pero tamén en centros educativos, socioculturais ou sedes doutras entidades, teñen como fin difundir os valores da Rede Natura 2000 e dos espazos protexidos entre a cidadanía

05/01/2024 | 17:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta ofrece a súa colaboración aos concellos para acometer a retirada dos pellets plásticos vertidos por un buque mercante en Portugal

O conselleiro de Mar destaca que foi activado o Plan Camgal en nivel 1 e o servizo de Gardacostas mantén a vixilancia por medios marítimos e terrestres do litoral co obxectivo de detectar a chegada destes materiais

05/01/2024 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia despediu o ano 2023 cun mes de decembro cálido e normal en canto ás precipitacións

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia conclúe que foi un período sen grandes anomalías térmicas pero con mínimas algo máis altas do agardado

05/01/2024 | 15:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prestará apoio técnico ao concello de Oza-Cesuras na elaboración das novas bases topográficas para a redacción do seu PXOM

O director do Instituto de Estudos do Territorio e o rexedor mantiveron recentemente un encontro no que perfilaron a colaboración para que o municipio poida acceder aos datos e información dispoñibles nas ferramentas empregadas polo organismo.
 

04/01/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 425.000 € a redacción dos proxectos e a dirección das obras para construír 66 vivendas de promoción pública en Ourense

As VPP edificaranse en 3 parcelas adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb na capital ourensá, cun investimento total previsto que superará os 12 M€

04/01/2024 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 130.000 € os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo 'Life Insular'

O contrato, cunha vixencia de tres anos, daralle continuidade aos labores de eliminación e control acometidos entre 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos

03/01/2024 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a coñecer a ruta da Aceveda no Parque Natural do Invernadeiro, o primeiro sendeiro azul da provincia de Ourense

Belén do Campo explica que o Goberno autonómico, en calidade de titular e xestor do parque ourensán, presentou a candidatura da ruta de Aceveda ante Adeac, subliñando que é un dos 49 sendeiros galegos que lucirán o distintivo en 2024

02/01/2024 | 13:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública durante un mes o Plan de conservación do espazo natural de interese local Brañas de Sada

Belén do Campo traslada ao rexedor municipal que desde mañá todas as persoas ou entidades interesadas poderán remitir as súas achegas e suxestións ao documento e subliña que o seu departamento axilizará ao máximo os trámites pendentes