Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

10/01/2024 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita a redacción do Plan estruturante do parque empresarial de Carballiño-Maside por máis de medio millón de euros

O parque contará cunha superficie total de máis de 1,2 millóns de metros cadrados, dos que máis de 230.000 estarán no concello do Carballiño e preto de 990.000 no de Maside

09/01/2024 | 21:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta intensificará a vixilancia das praias ante a posible chegada de máis pellets nos vindeiros días polo cambio das condicións marítimas

Ángeles Vázquez asevera que o Goberno central xa non ten escusas para que despregar os seus medios na Comunidade unha vez activado o nivel 2 do plan galego de loita contra o contaminación mariña accidental

09/01/2024 | 20:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os gandeiros galegos poden solicitar desde mañá as axudas para instalar valados fixos ou contratar persoas coidadoras para previr os danos do lobo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tanto a orde de achegas para a contratación de persoas coidadoras de gando extensivo como a de adquisición e instalación de cerramentos como medidas preventivas de protección das reses

09/01/2024 | 16:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza a mellor ritmo que a media nacional no cumprimento dos obxectivos globais para acadar un desenvolvemento sustentable

Un informe de seguimento da Axenda 2030 mostra que a comunidade destaca de xeito especial en cuestións como auga limpa e saneamento, enerxía accesible e non contaminante ou vida dos ecosistemas terrestres

09/01/2024 | 16:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica o contrato de redacción do proxecto de obra para construír 20 vivendas de promoción pública en Mos

O trámite, publicado na plataforma de contratos de Galicia, supón un investimento de preto de 160.000 euros

08/01/2024 | 19:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza nas praias galegas un operativo medioambiental integrado por máis de 200 profesionais

Ángeles Vázquez explicou que as primeiras conclusións do informe do centro especializado Cetim sobre a composición do produto apuntan a que non é perigoso pero insiste na urxencia de que o Goberno central facilite a ficha técnica do material

08/01/2024 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta organizará este trimestre as primeiras mesas de traballo para abrir vías de colaboración e sinerxías entre os membros da Alianza Galega polo Clima

Ángeles Vázquez explica que, ano e medio despois de que o Goberno galego impulsara esta iniciativa, a previsión é celebrar tres encontros ao redor de temáticas de interese como a economía circular, a descarbonización ou a conciencia ambiental

07/01/2024 | 17:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura

07/01/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Vixiantes e persoal ao servizo da Xunta retiran das praias do Parque natural de Corrubedo sacos e pellets plásticos vertidos polo mercante Toconao

Belén do Campo explica que polo momento non hai constancia de danos na biodiversidade da zona e asegura que o persoal do seu departamento seguirá vixiante