Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

15/01/2024 | 13:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro, cun orzamento de 20 M€

A axuda pode cubrir ata o 60% da renda mensual no caso de determinados colectivos con especiais dificultades para acceder a un fogar
 

14/01/2024 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recolleu ata o momento na costa galega o equivalente a preto de 90 sacos de pellets perdidos polo mercante ‘Toconao’

Na xornada de onte o operativo retirou o equivalente a sete sacos, aos que se engade o que recuperou enteiro o helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2 na costa de Valdoviño

13/01/2024 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza medios de recollida de sacos de pellets no mar para tratar de minimizar a súa posible chegada á costa

O Executivo galego activa dous helicópteros, cinco embarcacións de gran porte e sete patrulleiras para rastrexar a costa galega, un operativo ao que o Goberno central unicamente aporta un avión de vixilancia
 

12/01/2024 | 18:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita a redacción do plan estruturante do parque empresarial de Cabana de Bergantiños por preto de 250.000 euros

A previsión é que o parque deseñado polo Executivo galego ocupe unha superficie total de máis de 200.000 metros cadrados

12/01/2024 | 17:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez reivindica a necesidade de protexer Galicia fronte a desinformación e pide colaboración a nivel político para defender o interese común

A responsable autonómica avanza que se traballa na constitución dun comité de expertos para vixiar e prever posibles efectos mediambientais sobre os ecosistemas

12/01/2024 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Trenor informa da convocatoria das axudas a concellos e entidades protectoras para o coidado de animais domésticos abandonados

Este programa conta cun orzamento de 450.000 euros entre ambas liñas e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 13 de setembro

12/01/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima un plan de choque na loita contra a avespa velutina co obxectivo de adiantar a retirada de niños

Responsables das vicepresidencias Primeira e Segunda así como da Consellería do Medio Rural mantiveron unha xuntanza para concretar novas liñas de traballo

11/01/2024 | 20:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constata que a recollida de sacos de pellets en alta mar é posible tras recuperarse un no Grove e outro en Camariñas e insta ao goberno central a que mobilice os medios solicitados

A vicepresidenta segunda pediu ao delegado do Executivo central en Galicia que active canto antes un operativo no mar para minimizar na medida do posible a chegada de residuos aos areais nos próximos días

10/01/2024 | 18:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O alumnado de 150 centros de ensino galegos inicia a recollida de pilas no marco da quinta edición do concurso Pilabot da Xunta

Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas

10/01/2024 | 16:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta urxe ao Goberno central a actuar xa no mar no marco das súas competencias exclusivas e tras máis dun mes de inacción ante o vertido de pellets en Portugal

Ángeles Vázquez subliña a importancia de interceptar os sacos antes da súa chegada ás praias porque unha vez que se abren, a recollida das partículas “é moi complicada”