Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

23/01/2024 | 14:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta retirou das praias galegas 3.544 quilos de pellets e preto de 11.200 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 28 areais de 17 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de 14 embarcacións

23/01/2024 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica unha parcela de preto de 18.000 metros cadrados no Porto Seco de Monforte

A empresa prevé investir ao redor de 14 M€ nunha fábrica de granulados para calefacción

22/01/2024 | 13:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia colaborarán para mellorar a accesibilidade aos espazos naturais da comunidade

Ángeles Vázquez subliña que o obxectivo é facilitar o coñecemento e o acceso das persoas xordas e xordo-cegas aos principais espazos protexidos galegos, así como a instalacións públicas como os centros de interpretación e as aulas da natureza

22/01/2024 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta retirou das praias galegas 3.524 quilos de pellets e preto de 10.850 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 46 areais de 20 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de 12 embarcacións

22/01/2024 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba de forma inicial o plan básico municipal de Dozón de cara a dotar o municipio dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

Ángeles Vázquez salienta que é o primeiro concello pontevedrés en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes

21/01/2024 | 11:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta retirou das praias galegas 3.500 quilos de pellets e máis de 10.200 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 44 areais de 23 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de sete embarcacións

20/01/2024 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta esixe ao Goberno central que reclame responsabilidades polos danos medioambientais causados polo vertido de pellets

Resalta que é o Executivo estatal o que debe pedir explicacións xa que ten en exclusiva as competencias sobre contaminación mariña

20/01/2024 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta retirou das praias galegas máis de 3.450 quilos de pellets e 9.600 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 43 areais de 23 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de seis embarcacións

20/01/2024 | 11:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita a redacción do plan estruturante do parque empresarial de Fragamoreira, en Poio, por preto de 250.000 euros

A previsión é que o parque deseñado polo Executivo galego ocupe unha superficie total de case 390.000 metros cadrados

19/01/2024 | 16:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel do comité científico asesor en materia de plásticos para crear sinerxías que sitúen a Galicia como referente neste eido

Ángeles Vázquez agradece a súa implicación aos 16 expertos e profesionais ligados ao medio ambiente e ao mar que integran inicialmente o novo organismo e ofrece compartir co resto de comunidades os resultados e conclusións do seu traballo