Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

13/02/2024 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para a presentación de ofertas ao concurso de Xestur para adxudicar máis de 500.000 m2 de solo empresarial en 19 polígonos

O prazo estará aberto ata o 12 de marzo e as empresas interesadas en adquirir algunha das parcelas poden solicitar bonificacións dun 30% ou dun 50% sobre o prezo de venda

13/02/2024 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 3,5 M€ a axudas para apoiar á cidadanía na compra de vivenda e concederá ata 5 M€ en avais para facilitar o acceso da mocidade a un fogar

O Goberno galego ofrecerá subvencións de ata 20.000 € para mercar inmobles cualificados como de protección autonómica e dun máximo de 15.000 € para acceder en propiedade a unha vivenda xa construída localizada en centros históricos

12/02/2024 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha guía divulgativa recompila por primeira vez as 230 especies de liques existentes no Parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia

O traballo, realizado por dúas doutoras en Bioloxía especialistas neste eido, recibiu unha axuda da Xunta para proxectos na área de influencia socioeconómica do espazo natural

09/02/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna

Encarnación Rivas explica que será unha ferramenta fundamental para a súa ordenación territorial e para poder beneficiar aos arredor de 1.100 habitantes

09/02/2024 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Concello de Vigo a asinar o acordo para a construción de 27 vivendas públicas municipais ante o risco de que perda os fondos da UE

O Instituto Galego da Vivenda e Solo concedeulle ao Goberno local unha subvención de 1,18 M€ en setembro de 2023, con financiamento do programa Next Generation

08/02/2024 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia presenta un total de 117 praias como candidatas a optar á bandeira azul en 2024

É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo no marco da edición deste ano, con 40 na provincia da Coruña, 16 na de Lugo e 61 en Pontevedra

07/02/2024 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha monografía dixital cos resultados dos traballos de censo e seguimento da poboación reprodutora de nove aves mariñas en 2022

As especies que foron obxecto de estudo ao longo do litoral galego e no Parque Nacional son o corvo mariño cristado, a gaivota tridáctila, a gaivota patiamarela, a gaivota escura, o gaivotón, o arao común, a pardela cincenta, o paíño europeo e a gabita

06/02/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a aposta de Galicia pola economía circular na xestión dos residuos e anima aos axentes socioeconómicos a avanzar neste modelo

A Xunta destaca que a Comunidade é referente neste eido e pon en valor o traballo realizado por Sogama, cunha loxística na xestión dos refugallos comprometida co medio ambiente pois preto do 60% son transportados xa por ferrocarril

06/02/2024 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia prepara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei estatal de vivenda coa petición dun informe ao Consello Consultivo

A Xunta recorrerá á vía xudicial se o Goberno central non dá resposta nesta semana ás propostas remitidas nos últimos días polo Observatorio da Vivenda de Galicia para modificar a normativa e evitar conflitos de competencias coas autonomías