Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

20/02/2024 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O inventario de zonas húmidas de Galicia incorpora 250 espazos máis e actualiza a información de 10

A Xunta reforza deste xeito o rexistro público creado para preservar estes hábitats de grande interese e que constitúen por si mesmos un valioso patrimonio natural, ao tempo que serve de base de referencia e como ferramenta de planificación e xestión

20/02/2024 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 7,6 M€ a construción de 40 vivendas de promoción pública na Coruña

Edificaranse na parcela Z-13 no barrio de Xuxán e estarán destinadas a alugueiro social

19/02/2024 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece medio cento de prazas para formarse como guías especializados nos valores deste espazo natural

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes esta semana e o curso constará dunha parte en liña, entre abril e xuño, e outra presencial a finais de ano

16/02/2024 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por case 64.500 euros a redacción dos proxectos de urbanización e parcelación da central de transportes de Ponte Caldelas

O obxectivo é adaptar a urbanización existente para facilitar a implantación de empresas de todo tipo e non só dedicadas ao transporte, como se prevía inicialmente

16/02/2024 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto dun millón de euros o mantemento dun inmoble de vivendas de promoción pública na rúa Ribeira Sacra da Coruña

Os traballos no conxunto construtivo, situado entre os números 15 e 21, suporán a substitución da cuberta e a reparación das humidades tanto nas vivendas como nos espazos comúns do edificio

16/02/2024 | 11:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía a superficie pública do parque natural Fragas do Eume coa compra de 5 hectáreas este mes

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é realizar actuacións de conservación e restauración de zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas

15/02/2024 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta construirá 75 vivendas de promoción pública para alugueiro social en Vigo, A Coruña e Oímbra

O Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana asinaron hoxe o convenio que permitirá a promoción destas novas VPP, cuxo custo asumirá a Xunta en máis dun 85% e a UE, a través do Next Generation, no 15% restante
 

15/02/2024 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta, Abanca e Caixa Rural Galega renovan o seu convenio de colaboración para manter en 2024 o programa de avais públicos para a mocidade

O Goberno galego apoiará aos menores de 36 anos na compra do seu primeiro fogar prestando garantía sobre, como máximo, o 20% do prezo de adquisición do inmoble

14/02/2024 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar 13 vivendas adquiridas na Coruña, Ribadeo e Tui

Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública para a súa adxudicación en réxime de alugueiro social

14/02/2024 | 11:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu en 2023 máis de 440.000 € en axudas a medio cento de entidades para o coidado e atención dos animais domésticos abandonados

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 61 achegas concedidas neste eido durante o ano pasado, das que se beneficiaron 33 entidades locais e 14 organizacións que traballan a prol da protección dos animais