Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

28/02/2024 | 12:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A recollida selectiva de envases de vidro en Galicia supera as 49.700 toneladas en 2023

Cada galego de depositou, de media, 18,5 kg de envases de vidro no contedor verde, o equivalente a 63 envases por persoa

26/02/2024 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para a venda de 84 parcelas en 17 parques empresariais que se suman ao concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro con 251 parcelas en 20 parques e preto de 518.000 metros cadrados

26/02/2024 | 12:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza unha xornada de ornitoloxía gratuíta para formar a guías turísticos sobre as aves deste espazo natural

Ofértanse 40 prazas para participar nesta actividade formativa, que constará dunha parte teórica e doutra práctica e na que terán prioridade os guías titulados do parque

25/02/2024 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do Proxecto Europeo Life Insular

Cunha vixencia de 33 meses, o contrato dálle continuidade aos labores realizados xa en 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos co fin de implementar unha estratexia de conservación sostible dos hábitats de dunas costeiras e de queirogais secos europeos

24/02/2024 | 17:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o labor dos 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá e a súa contribución ao desenvolvemento do país

O Goberno galego destaca a importancia de recoñecer o legado e esforzo destes traballadores que axudaron a executar unha infraestrutura singular que cambiou o transporte marítimo internacional, un feito pouco coñecido na comunidade galega

23/02/2024 | 19:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executou case ao 100% en 2023 os fondos europeos para mellora enerxética de edificios e vivendas

Galicia está entre as comunidades con maior execución destes recursos e este ano destinará máis de 37 millóns de euros a distintas liñas de axudas e actuacións directas de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética dos inmobles

23/02/2024 | 12:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba o proxecto de interese autonómico da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei

Este instrumento de intervención ten como obxectivo desenvolver a terceira fase deste polígono lucense, que ocupará unha superficie de preto de 40.000 m2

22/02/2024 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na profesionalización do persoal da infraestrutura industrial de Sogama dentro do seu Plan Estratéxico 2024-2030

O programa formativo impulsado pola empresa pública xunto coa firma Prezero pretende dotar a Galicia tanto do mellor tratamento de residuos municipais como duns profesionais coa maior cualificación do sector

21/02/2024 | 14:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais do urbanismo e da arquitectura para avanzar cara a unha ordenación sostible do territorio

Encarnación Rivas lembra que na actualidade 121 concellos xa contan con planeamentos urbanísticos, que benefician ao 40 % da poboación da Comunidade

20/02/2024 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 17 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas