Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

13/03/2024 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta axudou en 2023 a preto de 270 familias a mercar a súa vivenda habitual cun investimento de algo máis de dous millóns de euros

Estas achegas concedéronse ao abeiro das liñas para adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, de compra de vivenda en centros históricos e de acceso a vivenda protexida 

13/03/2024 | 13:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o intenso labor de clubs do deporte galego como o Racing de Ferrol a prol da reciclaxe e da concienciación social neste eido

 O club ferrolán adhírese á campaña Somos especiais, reciclamos e fomentará no estadio da Malata a recollida selectiva de envases ca instalación de 76 papeleiras e contedores para uso dos 7.000 afeccionados que acoden a cada partido 

12/03/2024 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prevé iniciar antes do verán a construción de 40 vivendas e a licitación das obras doutras 50 no barrio de Xuxán

Ángeles Vázquez pide axilidade ao Concello da Coruña na concesión da licencia necesaria para comezar as obras das primeiras pois o contrato para realizar a edificación xa está adxudicado

11/03/2024 | 14:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con 30.000 euros a celebración de competicións deportivas de pesca continental e accións formativas como as escolas de río

O Executivo galego colabora co fomento de eventos deportivos na comunidade ao tempo que se promove a participación da selección galega en campionatos nacionais e internacionais de salmónidos mosca

11/03/2024 | 11:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na ampliación do polígono da Sionlla coa previsión de sacar a concurso as novas parcelas e licitar a urbanización a finais do próximo ano

Ángeles Vázquez explica que en maio se iniciará a tramitación do plan de ordenación do futuro ámbito, cunha superficie de 407.500 m2 e contiguo ao actual parque

09/03/2024 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Técnicos da Xunta viaxarán en maio a Zagreb para asesorar ao goberno local en políticas de xestión dos bosques urbanos no marco do proxecto europeo GIFT

 O Instituto de Estudos do Territorio participou esta semana nunha reunión de traballo con axentes territoriais galegos, tanto públicos como privados, implicados no desenvolvemento desta iniciativa para o impulso da infraestrutura verde

08/03/2024 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O inverno climatolóxico 2023-2024 en Galicia é o cuarto máis cálido da serie histórica

Ángeles Vázquez destaca que as temperaturas foron especialmente altas en xaneiro e febreiro, co fito de que este foi o xaneiro máis cálido dos últimos 58 anos

08/03/2024 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora ao Catálogo galego de árbores senlleiras unha formación de alciprestes, no concello de Ribadeo

Belén do Campo explica que o Diario Oficial de Galicia publicará o luns a resolución coa súa inclusión

07/03/2024 | 15:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

A Xunta convocará axudas por preto de 9,5 M€ para mellorar a accesibilidade de máis de 1.350 vivendas

Rueda salienta a importancia das actuacións subvencionables pois permitirán a instalación de ascensores e salva escaleiras, porteiros automáticos adaptados ou traballos para condicionar baños e cociñas, entre outras

06/03/2024 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta acudirá á xustiza para que o Goberno central exerza as súas competencias e reclame os fondos que gastou Galicia na xestión do incidente do ‘Toconao’

O Executivo galego adoptará esta medida se se mantén o inmobilismo da Administración central e non atende a petición remitida o pasado 19 de xaneiro de que iniciase o procedemento de exixencia de responsabilidades por este episodio